Igrexa de Santa María de Baiona

construción relixiosa en Baiona From Wikipedia, the free encyclopedia

Igrexa de Santa María de Baionamap
Remove ads

A excolexiata de Santa María é un templo relixioso de estilo románico e de aspecto fortificado do século XIII (1278)[1] situado na vila de Baiona.[2] Foi instituída colexiata polo bispo Diego de Muros I en 1482, ata 1840,[3] ano en que volveu ser igrexa parroquial.

Datos rápidos Tipo, Estilo ...
Remove ads
Remove ads

Descrición

Thumb
Gravado en La Ilustración Gallega y Asturiana, 1880. Nel aparece a cuberta da porta, que foi retirada en 1901.

Está dividida en tres naves coa súa ábsida rectangular. A nave principal lembra o estilo cisterciense do mosteiro de Santa María de Oia. As fiestras son románicas e ten na fachada un rosetón románico.

No ano 1659 fíxose a sancristía engadíndoa polo exterior á absidiola norte e en 1695 construíronse as capelas laterais.

O retablo barroco foi construído entre 1726 e 1732 por Antonio del Villar.

En 1841, trasladáronse ó adro varios cruceiros de distintos estilos que estaban espallados polas rúas da vila.[2]

Remove ads

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads