Os euriápsidos (Euryapsida) son un grupo de réptiles que se distinguen por teren no seu cranio unha soa abertura ou fenestra temporal detrás da órbita do ollo, en posición superior, baixo a cal se articulan os ósos postorbital e escamoso. O grupo é polifilético, é dicir, non é un grupo natural e está formado por membros non estreitamente relacionados entre si. Crese que os euriápsidos son en realidade un tipo de diápsidos (animais con cranios con dúas fenestras temporais), que modificaron os seus cranios perdendo a fenestra temporal inferior.[1] Os euriápsidos diferéncianse dos sinápsidos (que tamén teñen unha soa fenestra temporal) pola situación da súa fenestra, xa que nos sinápsidos esta abertura se encontra por debaixo da articulación entre os ósos post-orbital e escamoso, e nos euriápsidos por riba. Son exemplos de animais euriápsidos os ictiosauros, placodontes, notosauros e plesiosauros, todos eles réptiles mariños extintos, que non deixaron descendentes que chegaran á actualidade.[2]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.