Estadio Nuevo Colombino
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Nuevo Colombino é o estadio de fútbol do Recreativo de Huelva, decano do fútbol español. Foi inaugurado oficialmente o 8 de novembro de 2001 e substituíu o antigo Estadio Colombino ou Estadio Municipal que se atopaba emprazado na barriada de Isla Chica desde 1957.
Estadio Nuevo Colombino | |
---|---|
![]() | |
Datos | |
Coordenadas | 37°14′47″N 6°57′15″O |
Localización | Huelva, España |
Construción | |
Inauguración | 8 de novembro de 2001 |
Arquitecto | Joaquín Aramburu |
Estadio | |
Superficie | Céspede natural |
Dimensións | 105 x 68 |
Capacidade | 21.670 |
Propietario | Concello de Huelva |
Operadora | Huelva |
Localía | Recreativo de Huelva |
Eventos | |
Partidos internacionais amigables | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
O estadio foi proxectado polo arquitecto onubense Joaquín Aramburu cun orzamento de 14 millóns de euros e a cargo da empresa AZAGRA. Está situado na marxe da ría de Huelva, na actual Avenida do Decano (anteriormente Avenida de Francisco Montenegro). Foi deseñado para revitalizar a zona do porto coñecida como Barriada de Pescadería e para ofrecer ao seu titular, o Recreativo de Huelva, un estadio moderno e funcional acorde coas expectativas deportivas sobre o club. Dáse a casualidade que eses terreos foron os mesmos nos que se comezou a xogar ao fútbol na cidade alá polo século XIX.

A súa capacidade é de 21.670 espectadores sentados, incluíndo así mesmo trinta e dous palcos privados e setenta e dúas prazas en cabinas de prensa, sala de prensa de 110 metros cadrados, ximnasio de 226 metros cadrados e grandes vestiarios. Destaca nesta construción a súa tribuna principal, á que se accede desde o exterior a través dunha praza alta con vistas á ría e na que se atopan os despachos de billetes, a tenda oficial e un restaurante. No interior esta tribuna aparece cuberta por unha visera que cobre tanto a parte media como a alta. Na actualidade está en marcha un proxecto de ampliación do novo estadio, obra proxectada polo arquitecto Joaquín Aramburu e Francisco Botella, que permitirá que o campo conte con 5.000 novas localidades, pasando de 21.670 espectadores a 26.670.
Inauguración

O Nuevo Colombino foi inaugurado oficialmente o 8 de novembro de 2001 nun partido entre o Recreativo de Huelva e o Newcastle inglés, no que o equipo onubense venceu por tres goles a cero, dous de Pavón e outro de Canterla. Poucos días despois a selección española xogou un partido amigable ante a de México dirixida por Javier Aguirre, á que venceu por un gol a cero, obra de Raúl. O primeiro partido oficial de liga xogouse o día 6 de xaneiro dese ano (xusto 71 anos logo da apertura do primeiro estadio recreativista, o Velódromo).
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.