estadio de fútbol en Salamanca From Wikipedia, the free encyclopedia
O Estadio Municipal Reina Sofía é un estadio de fútbol situado na cidade española de Salamanca. Foi inaugurado no ano 2021 e ten capacidade para 4.895 espectadores.
Estadio Municipal Reina Sofía | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 40°56′48″N 5°39′58″O |
Localización | Salamanca |
Construción | |
Inauguración | 2021 |
Custo | 1.496.579 € |
Estadio | |
Superficie | Herba natural |
Capacidade | 4.895 |
Propietario | Concello de Salamanca |
Uso | Fútbol |
Localía | Unionistas de Salamanca Real Salamanca Monterrey |
[ editar datos en Wikidata ] |
Disputan nel os seus partidos como locais o Unionistas de Salamanca e o Real Salamanca Monterrey.
Nos terreos do actual estadio existía un campo de fútbol no que xogaba o Real Salamanca Monterrey. Dito club chegou a un acordo co Unionistas de Salamanca para compartir o futuro estadio, cuxos custos serían sufragados principalmente polo Concello de Salamanca.[1][2] As obras comezaron a finais de 2019 e aínda que o prazo de execución era de 6 meses, tanto a pandemia de COVID-19 como outros atrasos na obra fixeron que a data de inauguración se atrasase até o ano 2021. O Concello viuse obrigado a romper o contrato coa empresa adxudicataria debido ao incumprimento dos prazos, licitando de novo a obra.
Xa antes da finalización das obras, Unionistas de Salamanca decidiu iniciar a tempada 2020/21 xogando os seus partidos nas novas instalacións a porta pechada. O primeiro partido oficial disputado no renovado estadio foi un Unionistas - Santa Marta correspondente ás semifinais da fase rexional de Copa RFEF, o 26 de setembro de 2020 (encontro que rematou con vitoria do Unionistas por 1-0).[3]
O público accedeu por primeira vez ao estadio durante a tempada 2021/22, aínda que a as obras non remataron ata o ano 2022.
Seguindo os requisitos da RFEF para os campos da Primeira División RFEF, no verán de 2022 cambiouse a superficie do estadio, pasando de herba artificial a herba natural. O custo do cambio asumiuno o Unionistas de Salamanca ante a negativa do Concello da cidade a sufragar os gastos. Para isto, o club levou a cabo unha campaña de financiamento a través de socios e simpatizantes que logrou recadar o importe necesario (300.000 €) en menos dunha semana, e na que participaron tamén seareiros doutros equipos, como os do Deportivo da Coruña.[4][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.