Remove ads
estación de ferrocarril en Montefurado, Quiroga From Wikipedia, the free encyclopedia
Montefurado é unha estación de tren de Adif, situada en Montefurado, no concello de Quiroga, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia.
Montefurado | |
---|---|
Vista da estación | |
Situación | Quiroga |
Liñas | |
Media distancia | Rexional Exprés |
Está situada no punto quilométrico 318,6 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 279 metros de altitude,[1] entre as estacións de Soldón-Sequeiros e A Rúa-Petín. O tramo é de vía única e está electrificado.
A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[2] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Sitúase ao sur do núcleo de Montefurado. O seu edificio para viaxeiros é unha pequena estrutura que cumpre principalmente funcións de refuxio. Dispón de dúas vías aos que acceden dúas plataformas, unha lateral e outra central. Unha terceira vía morre nun dos laterais do recinto. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.
Actualizado a 18 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe | <> | Destino |
---|---|---|---|---|
6 | Rexional Exprés | Vigo-Guixar | <> | León |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.