Estádio Governador Plácido Castelo
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Estádio Governador Plácido Castelo, máis coñecido como Castelão, é un estadio de fútbol e recinto multiuso brasileiro situado na cidade de Fortaleza, no Estado do Ceará. Inaugurado en 1973, o estadio foi reformado en 2002 e totalmente remodelado en 2012 con motivo da Copa do Mundo FIFA de 2014, onde o Castelão albergará seis partidos, entre eles dous da selección brasileira.
Arena Castelão Estádio Governador Plácido Castelo | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 3°48′26″S 38°31′21″O |
Localización | Fortaleza, Brasil |
Alcume | Castelão Gigante da Boa Vista |
Construción | |
Inauguración | 11 de novembro de 1973 |
Renovación | 23 de xaneiro de 2013 |
Arquitecto | José Liberal de Castro Gehard Ernst Borman Reginaldo Mendes Rangel Marcílio Dias de Luna Ivan da Silva Britto |
Estadio | |
Superficie | Herba |
Dimensións | 105 × 68 |
Capacidade | 67.037 |
Asist. máxima | 118.496 (27/08 de 1980) Brasil 1 - 0 Xapón |
Propietario | Estado do Ceará |
Operadora | Estado do Ceará |
Localía | Ceará Sporting Club Ferroviário Atlético Clube |
Web | http://arenacastelao.com/site/index.php |
Eventos | |
Copa Confederacións Brasil 2013 Mundial de Fútbol Brasil 2014 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Na última remodelación, a súa capacidade foi modificada para acoller públicos de até 67.037 espectadores, sendo considerado o vixésimo sétimo estadio maior do mundo e o quinto maior do Brasil.[1] Antes do mundial o estadio foi escenario de grandes eventos deportivos, culturais ou mesmo relixiosos, como partidos da selección brasileira ou a recepción ao Papa Xoán Paulo II en 1980 na súa visitia a Fortaleza. En 2013 foi ademais unha das sedes da Copa das confederacións e en 2016 será un dos centros de adestramento para as Olimpíadas do Río de Xaneiro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.