Esquines (en grego Αἰσχίνης), nado en Atenas en -389 e morto en Samos en -314, foi un político e orador ateniense. Foi un dos dez oradores áticos.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Modelo:BiografíaEsquines
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Αἰσχίνης Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 390 a. C. Editar o valor en Wikidata
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Mortec. 322 a. C. Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Samos, Grecia Editar o valor en Wikidata
Embaixador
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, orador, diplomático, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAntigüidade clásica Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX918426
Pechar
Thumb

Esquines foi un duro rival de Demóstenes, ao que se enfrontou política e xudicialmente. Esquines representaba a facción promacedonia de Atenas, mentres que Demóstenes reclamaba a guerra contra Filipo II.

Traxectoria

Non están claros os datos relativos ao seu parentesco e aos seus primeiros anos, aínda que parece probábel que os seus pais, aínda que pobres, fosen respectábeis. O pai de Esquines foi Atrometo, un profesor de letras da escola elemental. A súa nai, Glaukotea, asistía nos ritos relixiosos de iniciación para os pobres. Logo de axudar ao seu pai na escola, pasou un tempo como actor, e serviu no exército, onde se distinguiu. Tamén ocupou varios postos de alguacil en tribunais, e en particular na Boulé.

Entre as campañas nas que participou Esquines atópase a de Fliúnte no Peloponeso (-368), a batalla de Mantinea do ano 362, e a campaña de Foción en Eubea (-349). A caída de Olinto (-348) levou a Esquines á area política, e foi enviado nunha embaixada para levantar ao Peloponeso contra Filipo II de Macedonia.

Na primavera de -347, Esquines dirixiuse á asemblea dos Dez Mil de Megalópole, Arcadia, apremándoos para se uniren e defenderen a súa independencia en contra de Filipo. Con todo, no verán de 347 formou parte da embaixada de paz enviada a Macedonia, momento no que parece que Filipo logrou poñelo completamente da súa parte.

As súas dilatorias durante a segunda embaixada (-346) que fora enviada para ratificar os termos do tratado de paz entre Atenas e Macedonia fixeron que fose acusado por Demóstenes e por Timarco de alta traizón. Esquines contraatacou acusando a Timarco de perder o dereito de falar fronte ao público como consecuencia das súas relacións na mocidade, que lle deixaron unha reputación de prostituto (Timarco fora o eromenos de moitos homes na cidade portuaria do Pireo).

Esquines tivo éxito: Timarco foi sentenciado a atimia e foi destruído politicamente, segundo Demóstenes. Este comentario foi máis tarde interpretado por Pseudo-Plutarco nas súas Vidas dos Dez Oradores como que Timarco se aforcou tras abandonar a asemblea, aínda que este feito é discutido por algúns modernos historiadores [1]

Este discurso, Contra Timarco, é considerado moi importante pola gran cantidade de leis atenienses que cita, e pola luz que bota sobre a construción de relacións homosexuais entre os homes desa época. En particular, é un documento moi valioso que mostra a permisividade que existía entre os atenienses á hora de contemplar as relacións homosexuais entre homes e novos. Mostra que ditas relacións eran permitidas a condición de que estivesen baseadas no desexo e na persuasión, tal e como Esquines describe as súas propias relacións con mozas, as súas discusións con eles e os poemas que lles dirixe, á vez que o utiliza para evitar que ditas relacións poidan usarse na súa contra. Por outra banda, as relacións que estaban baseadas en acordos financeiros nos que o mozo vendía os seus favores a cambio de diñeiro (que era do que se acusaba a Timarco), non eran aceptadas e, pola contra, eran condenadas.

Como consecuencia do seu exitoso ataque a Timarco, Esquines foi absolvido dos cargos de traizón que este lle imputou [2].

En -343 Demóstenes renovou os seus ataques contra Esquines no seu discurso titulado Sobre a Falsa Embaixada. Esquines replicou con outro discurso homónimo e logrou unha vez máis ser absolvido das acusacións. En -339, sendo un dos delegados atenienses (pylagorae) na Anfictionía, pronunciou un discurso que desencadeou a Cuarta Guerra Sagrada.

Nun intento de vinganza, Esquines buscou imputar a culpa destes desastres a Demóstenes. En -336, cando Ctesifonte propuxo que o seu amigo Demóstenes fose galardoado coa Coroa de Ouro polos seus distinguidos servizos ao estado, foi acusado por Esquines de violar a lei ao propoñer dita moción. O tema seguiu en discusión ata o ano -330, momento en que os dous rivais pronunciaron as discursos Contra Ctesifonte e Sobre a Coroa. O resultado foi unha completa vitoria de Demóstenes.

Esquines exiliouse de forma voluntaria e foise vivir a Rodas, onde abriu unha escola de retórica. Máis tarde mudouse á illa de Samos onde morreu á idade de setenta e cinco anos.

Os seus tres discursos, que na antigüidade recibiron o alcumo de "as tres grazas", sitúanse ao nivel dos de Demóstenes. Focio menciona nove cartas escritas por Esquines ás que denomina "as nove musas"; as doce que están publicadas baixo o seu nome (Hercher, Epistolographi Graeci) non son xenuínas.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.