arbusto espiñento de bagas comestíbeis común nas costas atlánticas de Europa From Wikipedia, the free encyclopedia
O espiñeiro marítimo (espiñeiro amarelo ou espiño cerval marítimo) Hippophae rhamnoides é unha planta do xénero Hippophae, da familia Elaeagnaceae, común nas costas atlánticas de Europa. É un arbusto espiñento de bagas comestíbeis.
Espiñeiro marítimo | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Espiñeiro marítimo nos Países Baixos | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Hippophae rhamnoides L. |
É nativa de Europa, Asia Menor e o Cáucaso onde medra en terreos areentos, dunas e, en xeral, na beiramar, onde a miúdo forma matogueiras.
É a especie de espiñeiro cerval (Hippophae) máis amplamente distribuída sobre todo na faixa atlántica e no noroeste da China. En Europa atópase confinada ao longo da beiramar, onde os ventos espallan ar ateigado de sal, o que evita que outras plantas se desenvolvan, mais na Asia central atópase máis amplamente distribuída nos áridos semidesertos, onde outras plantas non aturan nestas condicións de sequidade; en Europa central e en Asia atópase coma un arbusto subalpino por riba da liña de árbores nas montañas, e outras áreas sollosas tales como os bancos de area dos ríos.
É un arbusto espiñento que acada 1-3 metros de altura. Tronco e pólas de cor parda clara e escamosas. Ten unha gran densidade de pólas e talos ergueitos con gran cantidade de espiños. As follas son moi características, dunha cor cinsenta prateada pálida, lanceoladas, de 3–8 cm de lonxitude e de menos de 7 mm de largura, prateadas polo envés. É unha planta dioica, con plantas macho e femia separadas. As plantas macho producen flores marróns que desprenden gran cantidade de pole que o vento se encarga de espallar. Son flores pequenas, unisexuais, de cor verde e formando longos acios. A planta femia produce unha especie de falsas bagas de 6–9 mm de diámetro, sendo en realidade aquenios de cor alaranxada arrodeados dun cáliz carnoso que lle dá aspecto de drupa. Son froitos brandos e zumarentos, cun gran contido de vitamina C (120 mg por 100 g); algunhas variedades teñen un gran contido de vitamina A, vitamina E, e aceites esenciais. Son unha importante fonte de alimentación para os paxaros durante o inverno, especialmente para os tordos e merlos. As súas follas son a base da alimentación da larva da avelaíña costeira da especie Eupithecia fraxinata (Eupithecia innotata f. fraxinata - a avelaíña dos freixos). Utilízana tamén coma alimento as larvas doutras lepidópteros incluídas as Euproctis chrysorrhoea, Cosmia trapezina, Saturnia pavonia, Erannis defoliaria e Coleophora elaeagnisella.
As bagas do espiñeiro marítimo son comestíbeis e nutritivas, mais moi acedas e adstrinxentes, polo que o seu consumo en cru non é oi pracenteiro, polo menos cómpre o consumo ben chegado o froito (unha vez xeado redúcese a adstrinxencia) e/ou mesturado con zume de froitas máis doces coma as mazás ou as uvas. Tamén se poden utilizar para facer pasteis ou marmeladas. A industria de consumo utiliza as bagas do espiñeiro marítimo para fabricar marmeladas, zumes, locións, e licores. O aceite obtido das bagas ten numerosos usos. Utilízase coma menciña curativa de numerosas doenzas que cursan con ulceracións e inflamacións tales como feridas gangrenosas, esofaxite, úlceras pépticas, colite ulcerosa, e cervicite. Os cosmonautas rusos téñeno usado mentres estaban en órbita.
A colla das bagas ten grande dificultade polos numerosos espiños que ten a planta. Unha técnica común de colleita é a de tirar unha póla enteira, mais isto dana o arbusto e reduce a produtividade das futuras collas. Nalgunhas variedades as pólas tíranse despois das primeiras xeadas, daquela as bagas despréndense de xeito moito máis doado. Durante a Guerra fría, os horticultores rusos e da Alemaña Oriental, desenvolveron novas variedades dun gran valor nutricional, grandes bagas, diferentes épocas de maduración, e pólas facilmente colleitábeis.
O espiñeiro cerval marítimo é tamén unha planta ornamental moi popular nos xardíns, particularmente coma sebes barreira para choer os eidos e leiras. As pólas úsanse tamén en arranxos florais das florarías.
Durante centos de anos, as xentes do sueste de Asia usaron esta planta para preservar e tratar varios alimentos.
Recentemente, o espiñeiro cerval marítimo utilizouse coma ingrediente de varios suplementos nutricionais que se atopan dispoñíbeis nos establecementos comerciais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.