Espejo público

Programa de televisión magazine de España From Wikipedia, the free encyclopedia

Espejo público
Remove ads

Espejo público é un programa de televisión emitido pola cadea española Antena 3. Foi estreado o 17 de outubro de 1996, inicialmente como programa semanal de reportaxes de actualidade. Desde o 11 de decembro de 2006 vén emitindo diariamente como un magazine matinal, presentado por Susanna Griso.

Datos rápidos Autoría, Publicación ...
Remove ads

Historia

Primeira etapa

Espejo público estreouse o 17 de outubro de 1996, inicialmente como un programa de reportaxes, que se emitía semanalmente, os domingos, dirixido e presentado por Pedro Piqueras. En outubro de 1998 este foi relevado por Roberto Arce, ata agosto de 2002. En setembro dese ano a xornalista Sonsoles Suárez converteuse na presentadora, mentres que Julián Nieto fíxose cargo da dirección en novembro de 2003. En ocasións puntuais, outras xornalistas como Lourdes Maldonado, Lydia Balenciaga e Soledad Arroyo conduciron tamén o espazo.

O 28 de outubro de 2006 emitiuse por última vez neste formato, tras anunciarse que o programa sería reconvertido nun magacín matinal en substitución de Ruedo ibérico. Inicialmente, estaba previsto que o mesmo equipo e a presentadora, Sonsoles Suárez, continuasen á fronte do espazo, aínda que finalmente esta sería substituída por Susanna Griso.

Durante esta primeira década en antena, o programa mantivo unha de cota de pantalla media do 21% cultivando, así mesmo, varios recoñecementos como tres premios Antena de Ouro e dous TP de Ouro.

Segunda etapa

Espejo público regresou á televisión o 11 de decembro de 2006, cun cambio absoluto de formato. Pasou a ser un programa de información xeral, en formato de magacín colector, conservando do programa orixinal tan só o nome. Baséase na actualidade, combinando prensa rosa cun xornalismo serio.

Emítese na actualidade polas mañás de luns a venres e está presentado por Susanna Griso coa colaboración de Albert Castillón, Alfonso Egea e Roberto Leal.

O 16 de xuño de 2011 Espejo público alcanzou a cifra de 1.000 programas en antena.

Durante os veráns de 2012 e 2013 o programa é conducido por Sandra Daviú e Roberto Leal.

Colaboradores

  • Ramón Arangüena (2006-2011)
  • Ignacio Camacho.
  • Pilar Cernuda.
  • José Oneto.
  • Antonio Casado.
  • Alfonso Egea.
  • Albert Castillón.
  • Romina Belluscio
  • Miguel Temprano
  • Carmen Ro.
  • Bárbara Rey (2010- 2011)
  • Erika Alonso (2008)
  • Gema López.
  • Ángela Portero.
  • Rosa Villacastín.
  • Massiel.
  • Antonio Rossi.
  • Jesús Mariñas.
  • Ángel Antonio Herrera.
  • Isabel Sartorius (2010-2011)
Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads