From Wikipedia, the free encyclopedia
O escudo de Serra Leoa é un dos símbolos nacionais do país. Foi desenvolvido polo Colexio heráldico do Reino Unido concedido pola raíña Isabel II o 1 de decembro de 1960. O escudo describe un león pasante de ouro, linguado e armado de goles nun campo de sinople surmontado por un bordo de prata en zigzag situado no xefe, que representa as montañas do león que dan nome ao país. No xefe, tres fachos de prata que simbolizan a educación e o progreso. Na base hai tres ondas de azur simbolizando o mar. Como soportes, dous leóns de ouro, semellantes aos da insignia colonial. As tres cores principais do escudo - sinople (verde), prata (branco) e azur (azul)- son as que forman a bandeira nacional. O verde representa a agricultura e os recursos naturais, o azul representa o porto de Freetown e o branco representa a unidade e a xustiza. Na parte de abaixo, nunha fita branca pódese ler o lema nacional: "Unity, Freedom, Justice" (do inglés: Unidade, Liberdade, Xustiza).
Escudo de Serra Leoa | |
---|---|
Detalles | |
Armiger | Serra Leoa |
Adoptado | 1 de decembro de 1960 |
Escudo | De sinople un león pasante de ouro armado e lampasado de goles; surmontado por un bordo de prata en zigzag situado no xefe con tres fachos de sable con lapas de goles. Na base de prata, dúas barras onduladas de azur. |
Alicerce | Dous leóns rampantes de ouro armados |
Divisa | UNITY, FREEDOM, JUSTICE (Unidade, Liberdade, Xustiza) |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.