From Wikipedia, the free encyclopedia
A escritura Vinča, tamén chamada alfabeto Vinča ou Escritura europea antiga, é o nome dado a un tipo de marcas atopadas nunha serie de artefactos prehistóricos achados no sueste de Europa. Algúns consideran as marcas como un sistema de escritura, atribuíbel á cultura de Vinča, que habitou a rexión cara a 6000-4000 a. C. Outros dubidan que as marcas representen unha escritura, citando a brevidade das inscricións atopadas e o escaso de símbolos repetidos.
En 1875, as escavacións arqueolóxicas de Zsófia Torma (1840–1899) en Turdaş (Tordos), preto de Orăştie en Transilvania (actual Romanía), descubriron un grupo de obxectos con inscricións de símbolos descoñecidos. Obxectos similares atopáronse durante as escavacións de 1908 en Vinča, un suburbio da cidade serbia de Belgrado, a 120 km de Tordos. Máis tarde, apareceron obxectos en Banjica, tamén en Belgrado. A cultura foi chamada cultura Vincha-Tordos, e as inscricións, escritura Vincha-Tordos.
O descubrimento das táboas de Tărtăria en Romanía por Nicolae Vlassa en 1961 impulsou o debate. Vlassa considerou as inscricións como pictogramas, e a datación por carbono dos obxectos cara ao 4000 a. C. convertíao no primeiro sistema de escritura.
Como dato, apareceron moitos máis fragmentos con inscricións similares en varias escavacións arqueolóxicas, principalmente en Grecia (Táboa de Dispilio), Bulgaria (Táboas de Gradeshnitsa), Macedonia do Norte, Romanía (Táboas de Tărtăria), leste de Hungría, Moldova, sur de Ucraína e outros lugares da antiga Iugoslavia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.