From Wikipedia, the free encyclopedia
Os nomes era común (e. c.) e antes da era común (a. e. c.) son designacións alternativas ao emprego das expresións «despois de Cristo» (d. C.) e «antes de Cristo» (a. C.), respectivamente. Nalgunhas ocasións, en lugar de e. c. pódese atopar a abreviación e. v. (en latín, era vulgaris: ‘era común’).[1] Existen moitos documentos en case todas as linguas onde non se utiliza a abreviatura d. C. nin e. c. (quizais considerada superflua), directamente inscríbese o número da data da era actual, aínda que se usa a. C. ou ben a. e. c. se o suceso ocorreu denantes do ano 1.
Entre os maiores museos do mundo (como a Smithsonian Institution)[2] tamén se popularizou a utilización de «era común». Moitas guías de referencia de centros educativos e medios de comunicación social prescriben o uso de EC.[3] Mesmo guías de igrexas cristiás regulan devandito uso, como a Igrexa Episcopal nos Estados Unidos de América na diocese de Maryland.[4]
As designacións era común e antes da era común son usadas por científicos e académicos laicos (agnósticos ou ateos), ou seguidores dalgunha confesión, debido á súa neutralidade, posto que os termos «a. C.» e «d. C.» posúen un matiz relixioso.[5] Intelectuais que non subliñan o aspecto relixioso das datas en áreas de historia, arqueoloxía, socioloxía e antropoloxía, utilizaron en recentes décadas EC e AEC. Moitos escritores xudeus, musulmáns e outros prefiren a anotación como termo neutral, mentres algúns cristiáns interpretan erroneamente a abreviatura e. c. (‘era común’) como ‘era cristiá’.
Nas súas publicacións, as Testemuñas de Xehová usan exclusivamente "E. C." e "A. E. C.", e explican xeralmente nos pés de páxina que o mesmo se refire a ‘era común’ e ‘antes da era común’.[6] Isto en consideración da ampla difusión das súas publicacións incluíndo países non cristiáns, como tamén por motivos de interpretación relixiosa.[7]
En arqueoloxía adoita utilizarse a denominación «antes do presente» (AP) que por convención refírese ao presente do ano 1950. Un datado radiocarbónico cunha antigüidade de 4000 anos AP equivale aproximadamente á expresión 2000 AEC (2000 Antes da Era Común, que equivale a dicir ‘2000 antes de Cristo’).
A denominación «nosa era» ―do mesmo xeito que «era común»― desígnase a través dela o mesmo período que computa os anos para partir do ano 1 (convencionalmente o ano do nacemento de Xesucristo) mais cunha visión universal que exclúe a parcialidade relixiosa.
Como alternativa á abreviatura «a. C.» (‘antes de Cristo’) proponse o uso do acrónimo ANE ou a abreviatura a. n. e. (‘antes da nosa era’). Por exemplo, segundo a súa lenda fundacional, Roma fundouse no 753 a. n. e.
Como alternativa á abreviatura d. C. (‘despois de Cristo’) proponse o uso do acrónimo NE ou a abreviatura n. e. (‘nosa era’). De acordo coas regras de escritura do idioma galego, as abreviaturas deben levar un espazo após cada punto.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.