Enrique Macías Alonso

compositor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Enrique Xerardo Macías Alonso,[1][2][3] comunmente citado como Enrique X. Macías[4] ou máis simplemente como Enrique Macías[5], nado en Vigo o 18 de maio de 1958 e finado na mesma cidade o 4 de novembro de 1995, foi un compositor galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Enrique Macías Alonso
Biografía
Nacemento18 de maio de 1958
Vigo, España
Morte4 de novembro de 1995 (37 anos)
Vigo, España
Causa da mortesuicidio
Actividade
Ocupacióncompositor

Pechar

Traxectoria

Macías naceu na rúa Taboada Leal, no seo dunha familia de sete irmáns. A parte paterna é orixinaria da provincia de Ourense, mais o seu pai nacera en Vigo. A súa nai naceu na Arxentina, filla de emigrantes.[2] Cursou estudos no colexio dos Maristas e no Instituto Santa Irene. Non cursou estudos superiores. Militou nas xuventudes do Partido Comunista de Galicia.

Nos anos setenta entrou en contacto coas Xuventudes Musicais de Vigo, co seu director, Manuel Álvarez, e con Rogelio Groba Groba. Nesa mesma década entrou en contacto con Julián Hernández, con Rudesindo Soutelo e co colectivo musical Letrinae Musica.[3]

Introvertido e de formación autodidacta, mais con asistencia aos principais cursos de música contemporánea europeos, como os de Darmstadt, compuxo as súas primeiras obras a comezo da década dos anos setenta, para piano e percusións, sendo Poema de réquiem (1979), con texto de Celso Emilio Ferreiro, unha das súas primeiras pezas.[6]

As súas obras foron gravadas para Radio Galega, Radio Nacional de España e radios de Finlandia, Países Baixos, Francia e Bélxica e estreadas en encontros e festivais nacionais e internacionais de música contemporánea e noutros dedicados á composición experimental.[7]

Suicidouse con 37 anos de idade.[2][3]

Obra

A súa meticulosidade e nivel de exixencia levouno a destruír as composicións feitas antes de 1980, porén, e a pesar do seu prematuro pasamento, deixou un dilatado legado.[8]

  • Espacios sonoros (1974).
  • Esquemas I (1974).
  • Dos piezas para piano (1975).
  • Siete micropiezas para piano (1977).
  • Foglio I (1981) (3').
  • Souvenir nº 1 (1982) (6' 30).
  • Souvenir nº 2 (1983) (9').
  • Langsam (1985) (4').
  • Morgengesang III (1986) (17').
  • Portrait du matin (1986) (16' 48).
  • Tránsito (1987) (26').
  • Les adieux (1983-88) A (I, II, III e IV) (34').
  • Les adieux (1983-88) B (I, III e IV) (25).
  • La lyre du désert (1988) (18').
  • Sonata (1986-89) (25').
  • Clare I (1989) (19').
  • Nobililissima Visione I (1988-89, rev. 1990) (20').
  • Extracto (1989-90) (17').
  • Nobililissima Visione II / Postludios (1988-91) (37').
  • Postludios (1991) (17').
  • Duplo (1991) (24').
  • Cadencias e Interludios / Percurso I (1989-92) (ca 25').
  • La chambre dans l' espace (1992-93) (11').
  • Adhuc (1992-93) (16').
  • Iubilaeum (1993) (22' 35).
  • Estrofas (1993) (10').
  • Alias (1993-94) (15').
  • Exequias (1992-94) (ca 47').
  • Itinerario de luz (1994-95).

Recoñecementos

  • Premio da Tribuna Internacional Gaudeamus en 1981 por Polifonías I (1980-81).[6]
  • Premio Cristóbal Halffter de Composición para Órgano en 1983 por Afónica (1983).[6]
  • Premio da Tribuna de Jóvenes Compositores da Fundación Juan March por Souvenir nº I (1982) en 1983 e por Adieux (1983) en 1984.[6]
  • Premio do Concurso de Composición da Joven Orquesta Nacional de España en 1984 por Nachtmusik III (1983).[6]
  • Premio da Crítica Galicia de música en 1987.[9]

Leva o nome de Enrique X. Macías unha rúa peonil de Vigo, perpendicular á Avenida da Hispanidade, inaugurada sendo alcalde Carlos Príncipe.[10]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.