Enerxía azul
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A enerxía azul ou osmótica consiste na enerxía eléctrica obtida a partir do encontro entre auga mariña e auga doce, isto é, grazas ó gradiente de concentración de sal entre a auga do mar e a auga doce.
Cando se coloca unha membrana semipermeable (que retén os ións de sal pero permite o paso de auga) entre dous tanques que conteñen auga doce e auga salgada, observarase un fluxo neto de auga dende o tanque de auga doce ó de auga salgada. Se o tanque de auga salgada ten un volume fixo, a presión incrementaríase ata un máximo teórico de 26 bares, equivalente a unha columna de auga duns 270 metros de altura.
Este aumento de presión pode ser usado para xerar enerxía. Isto ocorre se a mestura pode facerse controlando a presión no lado da auga salgada. O proceso denomínase presión osmótica atrasada ou PRO e, nun proceso tecnicamente viable, aproximadamente a metade da enerxía teórica pode ser transformada en enerxía eléctrica, facendo da enerxía azul unha nova fonte de enerxía renovable.
Presión osmótica atrasada (PRO), é o proceso polo cal a mestura da auga doce coa auga salgada se leva a cabo controlando a presión do tanque da auga salgada.
A auga doce é introducida na planta, onde entra nas membranas. Nos módulos de membranas, a auga doce é transferida por osmose a través das membranas dentro da auga de mar que se atopa a presión. O proceso osmótico incrementa o fluxo de auga a alta presión, esta é a principal transferencia de enerxía da planta.
A auga de mar é bombeada dende o mar e introducida nas membranas, onde se dilúe coa auga doce que entra a través das membranas.
Unha planta osmótica utiliza auga procedente dun río e auga salgada do mar. Ambas masas están separadas por unha membrana semipermeable, baseada nun composto de polietileno modificado electricamente. As moléculas de sal da auga de mar fan que a auga doce pase a través da membrana. Este feito incrementa a presión da auga de mar, que se utiliza para mover unha turbina xeneradora de electricidade. As plantas de enerxía azul son moi eficientes comparadas con outras fontes de enerxía renovable.
O feito de que algunhas desembocaduras estean situadas preto de cidades e zonas industriais permite que a produción de enerxía azul obtida sexa consumida no mesmo lugar onde se xera. Isto posibilita que a maioría do potencial da enerxía azul poida ser aproveitado en zonas urbanas. As plantas de enerxía azul poden ser construídas parcial o completamente baixo terra, o que fai que o impacto visual sobre o contorno sexa mínimo. O proceso de xestión da auga asociado coa operación da planta pode ser deseñado para que non afecte ós biotipos de todo o río.
A enerxía azul é unha fonte de enerxía cun impacto ambiental reducido porque carece de emisións de CO2. O proceso de mesturar auga doce con auga salgada é un proceso natural que se dá en todo o mundo. As plantas de enerxía azul están deseñadas para extraer a enerxía deste proceso sen interferir na calidade do contorno do lugar.
Moitos ríos desembocan no océano nunha cidade ou comunidade industrial. Isto supón que a maioría do potencial da enerxía azul pode ser utilizado sen necesidade de transportar a enerxía á zona industrializada que a consome.
Os posibles impactos negativos sobre o contorno poden ser probablemente compensados por unha combinación dos requisitos de fluxo do río ou caudal ecolóxico e a planta de enerxía azul. Cómpre realizar un estudo medioambiental sobre o impacto da entrada e saída de auga salgada sobre o contorno.
A xestión da auga asociada ó funcionamento da planta pode ser deseñada de forma que os biotipos do río, estuario e océano sexan mantidos nun estado saudable. Nalgúns casos, en áreas moi industrializadas, é posible que a planta de enerxía azul poida mesmo mellorar as condicións medioambientais.
Como dato, calcúlase que Noruega podería xerar, grazas ós seus abundantes ríos, o 10% da súa produción enerxética total mediante este sistema.
O choque de auga doce dun río ó desembocar na auga salgada do mar é unha enorme fonte de enerxía azul ou enerxía osmótica que explora a empresa Statkraft [www.starkraft.com] dende 1993.
A firma norueguesa iniciou xa a construción dunha planta piloto nas instalacións de Södra Cell Tofte, un fabricante de papel da cidade de Hurum, nun fiorde a só 60 quilómetros de Oslo que estaría operativa a principios deste ano.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.