From Wikipedia, the free encyclopedia
A escribenta común, escribente paponegro,[2] escribidora ou liñaceira é unha ave da familia das Emberizidae.
Escribenta común | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Emberiza cirlus' Linnaeus, 1766 |
É unha especie de 15–16 cm de lonxitude, peso de 25 gramos e envergadura de 22–26 cm. Lombo, cola e parte superior da cabeza son pardos, namentres a parte inferior do corpo, gorxa e fazulas son amarelos. Salientar a careta característica dos machos da especie, cunha liña ocular negra. As femias e os xoves non presentan este deseño facial e teñen cores máis esluídos. Ave frecuente nas zonas con matogueiras ou con cultivos. No sur da súa área de distribución é frecuente en bosques de aciñeiras e nas viñeiras. Aliméntase de insectos e sementes. Acostuma cantar dende lugares elevados ou prominentes
O período de cría vai de maio a xullo, podendo facer dúas postas no ano. O niño adoita estar preto do chan. Cada posta consta entre 3 e 5 ovos, cun tempo de incubación de 13 días. Os polos permanecen no niño entre 10 e 13 días trala eclosión.
Presente todo o ano no Norte e Sur da Península Ibérica, Oeste e Sur de Francia, nos Balcáns e nas zonas litorais de Marrocos, Alxeria e Turquía. Presente na cría ou de maneira esporádica no leste de Francia e Interior de Turquía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.