From Wikipedia, the free encyclopedia
Elena Huelva Palomo, nada en Sevilla o 21 de maio de 2002 e finada en Sevilla o 3 de xaneiro de 2023,[1][2] foi unha activista española pola loita contra o cancro. Paciente con sarcoma de Ewing, foi coñecida por divulgar a súa experiencia coa enfermidade a través das redes sociais, e así axudar aos demais co mesma enfermidade. Tamén promoveu a investigación do cancro e acuñou a frase "Mis ganas ganan" para describir a súa actitude ante a enfermidade.[3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Elena Huelva Palomo 21 de maio de 2002 Sevilla, España |
Morte | 3 de xaneiro de 2023 (20 anos) Sevilla, España |
Causa da morte | Sarcoma de Ewing (pt) |
Lugar de sepultura | sen valor |
Actividade | |
Ocupación | activista, creadora de contido dixital, escritora |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Elena Huelva naceu o 21 de maio de 2002 na cidade de Sevilla, sendo a segunda filla de Manuel Huelva e Emilia Palomo. En 2019, aos dezaseis anos, diagnosticáronlle o sarcoma de Ewing, momento a partir do que comezou a publicar información sobre este tipo de cancro a diario nas redes sociais, así como o seu día a día coa enfermidade.
Desde 2019, colaborou con varias organizacións sen ánimo de lucro relacionadas co cancro. En 2022 escribiu o libro Mis ganas ganan onde contaba a súa experiencia coa enfermidade.
En decembro de 2022 deseñou un pano para o xoguete "Baby Pelón", vendido pola Fundación Juegaterapia co obxectivo de recadar fondos para a investigación do sarcoma de Ewing. Para levar a cabo esta recollida, a Fundación Juegaterapia creou a "Beca Elena Huelva" xunto co Grupo Español de Investigación en Sarcomas (GEIS).
Elena Huelva faleceu o 3 de xaneiro de 2023 tras un continuo empeoramento da súa enfermidade. O seu falecemento provocou unha vaga de reaccións nas redes sociais, entre as que destacan as condolencias de gran número de personaxes públicos, que van desde o ámbito político, como o presidente da Xunta de Andalucía, Juanma Moreno, ata o mundo do espectáculo, os medios de comunicación e entidades deportivas como como o Real Betis Balompié.
Un día despois do seu falecemento, o 4 de xaneiro de 2023, celebrouse un acto conmemorativo ao que acudiron diversos personaxes públicos como a presentadora de televisión Sara Carbonero ou o cineasta Alberto Rodríguez Librero e, finalmente, tras o devandito acto, foi incinerada no tanatorio-crematorio de Camas (Sevilla).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.