Eleccións xerais de España de 1881

From Wikipedia, the free encyclopedia

Eleccións xerais de España de 1881

As Eleccións xerais de 21 de agosto de 1881 en España foron convocadas baixo o reinado de Afonso XII en base ao disposto na Constitución española de 1876, vixente ata 1931, na coñecida como Restauración borbónica en España.

Datos rápidos Data, Tipo ...
Eleccións xerais de España de 1881
 1879  1884   
Data21 de agosto de 1881
TipoEleccións xerais en España
Cargo elixidoDeputado das Cortes
Resultado da votación
Pechar
Thumb
Práxedes Mateo Sagasta

Antecedentes

En 1878 o grupo de vellos unionistas dirixido por Manuel Alonso Martínez abandona o Partido Liberal-Conservador e regresa ás filas do Partido Constitucional de Sagasta, que abandonara en 1875. En 1880, tras cinco anos consecutivos de goberno, continúa a erosión do Partido Liberal-Conservador. O 9 de marzo de 1880, o xeneral Arsenio Martínez Campos, pásase cos seus seguidores ao Partido Constitucional. Ese mesmo ano abandonan as filas conservadoras e súmanse ás liberais José Pousada Herrera, antigo dirixente da Unión Liberal e presidente do Congreso nas primeiras Cortes da Restauración, así como un grupo de vellos notables do Partido Moderado que non atopan acomodo nas filas conservadoras, como o conde de Xiquena ou Balmaseda. A raíz destas incorporacións, o Partido Constitucional pasou a denominarse Partido Liberal Fusionista.

En xaneiro de 1881 Sagasta, fortalecido o seu partido, reclamoulle ao rei Afonso XII que cesase os conservadores e chamase ao goberno os liberal-fusionistas. O rei accedeu á demanda de Sagasta e o 8 de 1881 este asumiu por primeira vez na Restauración a presidencia do Consello de Ministros.

Características

O número de votantes para estas eleccións era de 846.961 (o 4,99% da poboación total), mediante sufraxio restrinxido. Elixíronse 392 deputados o día 20 de agosto de 1881.

Composición do Congreso dos Deputados

Eleccións xerais en España, 21 de agosto de 1881

Partido Escanos Líder
Partido Liberal Fusionista 290 Práxedes Mateo Sagasta
Partido Liberal-Conservador 62 Antonio Cánovas del Castillo
Partido Demócrata, Partido Progresista 32 Emilio Castelar, Cristino Martos Balbi
Unión Católica 2 Alejandro Pidal y Mon
Comuñón Tradicionalista 2 José María Ampuero y Jáuregui
Unión Vasca 1 Joaquín de Vera y Olazábal, marqués de Narros
Independentes 3

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.