Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
As eleccións xerais de España de 1916 foron convocadas no medio da primeira guerra mundial, na que España se declarou neutral, baixo sufraxio universal masculino. En total foron elixidos 409 deputados, e o partido máis votado foi a coalición das dúas faccións do Partido Liberal, dirixidas por Manuel García Prieto e Romanones. O Partido Liberal-Conservador quedou a 115 escanos dos liberais. Tamén se presentou unha Conjunción Republicano-Socialista, que reunía os diferentes partidos republicanos e o PSOE, pero non a Unión Federal Nacionalista Republicana e os radicais de Alejandro Lerroux, que ían aínda unidos polo Pacto de Sant Gervasi.
Eleccións xerais de España de 1916 | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 1914 1918 → | |||||||||||||||||||||||||||
Data | 9 de abril de 1916 | ||||||||||||||||||||||||||
Tipo | Eleccións xerais en España | ||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | Presidente do Goberno de España deputado no Congreso dos Deputados | ||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Foi elixido presidente do Congreso o liberal demócrata Miguel Villanueva e presidente do Senado, Manuel García Prieto. O presidente do Goberno foi o conde de Romanones, pero en xaneiro de 1917 dimitiu por mor de enfrontamentos co exército, que creara as Xuntas de Defensa. Ao mesmo tempo, rompeuse o Partido Liberal ao ser expulsados do partido Manuel García Prieto e Santiago Alba Bonifaz. O goberno de García Prieto, sucesor de Romanones, rompeuse e o 11 de xuño de 1917 Eduardo Dato formou un novo goberno con conservadores, pero tiña unha maioría inestable, o que provocou a convocatoria da Asemblea de Parlamentarios. A folga xeral de 1917, ademais, provocaría a dimisión de Dato o 3 de novembro de 1917. Formouse entón un goberno de concentración nacional formado por liberais, conservadores e a Lliga Regionalista ata que se convocaron novas eleccións o 24 de febreiro de 1918.
Partido | Escanos no Congreso | Líder | ||||
Partido Liberal y Liberales-Demócratas | 203 | Conde de Romanones | ||||
Partido Liberal-Conservador | 88 | Eduardo Dato | ||||
Conservadores mauristas | 17 | Antonio Maura | ||||
Conjunción Republicano-Socialista | 13 | Roberto Castrovido Sanz | ||||
Lliga Regionalista | 13 | Francesc Cambó | ||||
Partido Reformista | 12 | Melquíades Álvarez | ||||
Comuñón Tradicionalista | 9 | Enrique de Aguilera y Gamboa, marqués de Cerralbo | ||||
Conservadores de Juan de la Cierva | 8 | Juan de la Cierva y Peñafiel | ||||
Coalición Republicana-Radical | 6 | Alejandro Lerroux | ||||
Católicos independentes | 3 | Marqués de Santillana | ||||
Partido Integrista | 2 | Manuel Senante y Martínez | ||||
Bloc Republicà Autonomista | 1 | Marcelino Domingo Sanjuán | ||||
Nacionalistas republicanos cataláns | 1 | Francesc Macià | ||||
Rexionalistas casteláns | 1 | Antonio Zumárraga Díez | ||||
Dinásticos Vascos | 1 | Luis de Urquijo y Ussía | ||||
Republicanos cataláns independentistas | 1 | Salvador Albert i Pey | ||||
TOTAL | 379 | |||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.