Antonio Eiras Roel, nado en Buenos Aires o 10 de marzo de 1931 e finado o 20 de abril de 2017[1], foi un historiador galego, catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela durante corenta anos e Cronista Xeral de Galicia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de marzo de 1931 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 20 de abril de 2017 (86 anos) |
Cronista Xeral de Galicia | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, profesor universitario, historiador |
Obra | |
Doutorando | Ramón Villares e Pegerto Saavedra |
Premios | |
| |
Traxectoria
Nado na Arxentina, fillo de emigrantes galegos, licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (1954) e foi doutor pola Universidade Complutense de Madrid (1957). Foi profesor (1960) e catedrático (1965-2000) de Historia Moderna na USC e xestor da creación do Arquivo Histórico desta universidade (1969). Dedicouse ao estudo da historia política do século XIX, da historia social, rural e económica, da demografía histórica e da historia institucional.
Dende 1999 foi Cronista Xeral de Galicia e organizou diversos congresos e reunións, como os Coloquios Internacionais de Metodoloxía Histórica Aplicada (Universidade de Santiago, 1973, 1982, 1984 e 1989). Foi membro da Société d’Histoire Moderne de París, da Association Française des Historiens Economistes (1974-2000), da Société de Démographie Historique de París (1975-2000), da Real Academia da Historia e membro fundador da Asociación Española de Historia Moderna, que presidiu entre 1988 e 1991.
Obras
- El partido demócrata español, RIALP, 1961
- Estudios sobre agricultura y población en la España Moderna, Tórculo Edicións, 1990. ISBN 84-86728-56-8
- Los gallegos y América, xunto con Ofelia Rey Castelao, Fundación MAPFRE, 1992. ISBN 84-7100-540-9
- I Conferencia Europea de la Comisión Internacional de Demografía Histórica, xunto con Ofelia Rey Castelao (dir. congr.), Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 1994. ISBN 84-605-3434-0
- La población de Galicia, 1700-1860: crecimiento, distribución espacial y estructura de la población de Galicia en los siglos XVIII y XIX, Santiago de Compostela: Fundación CaixaGalicia, D.L. 1996. ISBN 84-89231-30-3
Como director ou coordinador
- Metodología de la historia moderna: economía y demografía, 1975.
- La historia social de Galicia en sus fuentes de protocolos, 1981.
- Actas de las Juntas del Reino de Galicia (2 vol.), 1995-1999.
- El reino de Galicia en la monarquía de Felipe II, 1998.
- El Reino de Galicia en la época del Emperador Carlos V, 2000.
Premios
- Premio Antonio López Ferreiro de Investigación (2000).
Predecesor: Antón Fraguas |
Cronista Xeral de Galicia 1999 -2017 |
Sucesor: - |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.