Eduardo Aunós

From Wikipedia, the free encyclopedia

Eduardo Aunós

Eduardo Aunós Pérez, nado en Lleida o 8 de setembro de 1894 e finado en Lausana o 25 de setembro de 1967, foi un político catalán.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Eduardo Aunós
Thumb
Biografía
Nacemento8 de setembro de 1894
Lleida, España
Morte25 de setembro de 1967 (73 anos)
Lausana, Suíza
Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 – 25 de setembro de 1967
Procurador en Cortes
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964
Procurador en Cortes
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961
Procurador en Cortes
14 de maio de 1955 – 14 de abril de 1958
Procurador en Cortes
14 de maio de 1952 – 13 de abril de 1955
Procurador en Cortes
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952
Procurador en Cortes
12 de maio de 1946 – 4 de maio de 1949
Ministro de Xustiza de España
11 de xuño de 1943 – 11 de decembro de 1945
 Esteban de Bilbao EguíaRaimundo Fernández Cuesta (pt)  
Procurador en Cortes
16 de marzo de 1943 – 24 de abril de 1946
Ministro de Traballo, Migracións e Seguridade Social de España
7 de febreiro de 1924 – 7 de xaneiro de 1930
 Juan Flórez PosadaPedro Sangro y Ros de Olano (pt)  
Deputado no Congreso dos Deputados
6 de marzo de 1918 – 6 de abril de 1918
 Emili Riu i Periquet (en) Daniel Riu i Periquet (en)  
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Ocupacióndiplomático, político
Partido políticoLliga Regionalista
Falange Española
Renovación Española
Falange Española Tradicionalista y de las JONS
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
PaiEduard Aunós i Cau
Premios

Descrito pola fonteDiccionario Akal de Historiadores españoles contemporáneos (2002) (en) , (sec:Aunós Pérez, Eduardo, p.92-93)
Pechar

Traxectoria

Descendente de políticos de orixe aranesa, estudou dereito en Madrid e militou na Lliga Regionalista, pola que foi elixido deputado a Cortes en 1916 e foi secretario de Francesc Cambó no Ministerio de Fomento.

Durante a ditadura de Primo de Rivera foi ministro de traballo, comercio e industria (1927-1930). Admirador do réxime fascista italiano, tentou imitar o seu sistema corporativo coa creación dun Código de Traballo (1926) e a Organización Corporativa Nacional (1928). Tras a caída de Primo de Rivera tentou formar un Partido Laborista a semellanza do Partido Fascista italiano que careceu de apoios.

Logo da proclamación da República marchou ao exilio a París, colaborou na revista Acción Española e entrou en Renovación Española. En 1937 ingresou en Falange Española de las JONS como xefe do partido en Francia e tras a unificación foi membro da Xunta Política da FET y de las JONS.

Embaixador en Bélxica (1939-1940) e a Arxentina (1942-1943), foi ministro de xustiza entre 1943 e 1945.

Obras

  • 1928: Problemas de España.
  • 1929: Estudios de Derecho Corporativo.
  • 1941: Itinerario de la España Contemporánea.
  • 1948: Biografía de Venecia.
  • 1952: Los viñadores de la última hora.
  • 1955: Guía de París para españoles.
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.