From Wikipedia, the free encyclopedia
Edgar Morin, nado en París o 8 de xullo de 1921, é un sociólogo francés.
Ligado á Fronte Popular francesa e comprometido coa II República Española, dende moi cedo asumiu o marxismo. Durante a segunda guerra mundial militou na resistencia, participou na liberación de París e na posguerra foi tenente do exército de ocupación francés en Alemaña. Afiliouse ao Partido Comunista Francés. As súas posicións contrarias ao stalinismo, levárono a distanciarse do partido ata a súa expulsión en 1951.
En 1950 entrou no Centre national de la reserche scientifique e máis tarde fundou a revista Arguments. Na Bretaña realizou un traballo de etnoloxía contemporánea. Fundou e dirixe o Centro d´etudes de comunication de masse
Moi comprometido coa axitación estudantil, foi un dos teóricos do maio do 68. Ás súas viaxes por Latinoamérica sensibilízano coas culturas indíxenas e afro-brasileiras.
Contrario á Guerra de Alxeria, estivo preto de posicións pacifistas. Así malia ás súas orixes xudeu-sefardíes, manifestouse crítico con Israel nas súas relacións con Palestina.
Conta con distincións de grande prestixio como a medalla de ouro da UNESCO,Comendadeur da Lègion d´honneur, a Ordem de Sant-Iago da Espada de Portugal ou o Premio internacional de Cataluña.
Defende a transdisciplinariedade e o pensamento complexo. É un dos pais da teoría da complexidade. Nel inflúe a cibernética, os sistemas, a xenética e a informática. Propón unha refundación antropolítica, unha nova toma de conciencia da comunidade de destino terrestre, o planeta como patria. A cultura actual pertence á prehistoria. Todas as grandes creacións foron impensables antes de producírense e todo o afortunado que leva ocorrido na historia foi no seu día improbable.Estes e outros factores son principios de esperanza na desesperanza. Quedan, xa que logo, posibilidades cerebrais e antropolóxicas no proceso de humanización. Isto non significa caer nun optimismo superficial pois ningún desenvolvemento se adquire para sempre e existe un principio de degradación que reclama unha rexeneración sempre incerta.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.