From Wikipedia, the free encyclopedia
Italia ten unha economía industrial diversificada que pode ser dividida en dúas zonas: o norte, máis industrializado e desenvolvido, dominado por empresas privadas e onde sitúase o principal centro financeiro do país, Milán; e o sur, menos desenvolvido e agrícola, dependente de subsidios estatais, e cun desemprego máis alto,[1] aproximadamente 20%. Por comparación cos veciños da Europa Occidental, ten un gran número de Pequenas e Medianas Empresas PMEs. O rendimento total e per-capita da economía italiana é máis ou menos igual ao de Francia ou do Reino Unido. A maior parte das materias primas necesarias para a industria e máis do 75% da enerxía son importadas.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Economía de Italia | |
---|---|
Moeda | Euro |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Europea, OCDE |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 1 847 mil millóns (2011) |
Posición do PIB | 11ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 0,4% (2011) |
PIB per cápita | $ 30.500 (2011) |
PIB por sector | agricultura 2%, industria 24.7%, comercio e servizos 73,3% (2011) |
Inflación | 2,9% (2011) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 25.080.000 (2011) |
Forza de traballo por sector | agricultura 3,9%, industria 28,3%, comercio e servizos 67,8% (2011) |
Desemprego | 8,4% (2011) |
Industrias | turismo, máquinas, ferro e aceiro, produtos químicos, procesamento de alimentos, téxtiles, vehículos a motor, roupas, calzados, cerámica |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 524,9 mil millóns (2011) |
Produtos de exportación | produtos de enxeñería, téxtiles e roupas, máquinas industriais, vehículos a motor, equipamentos de transporte, produtos químicos, alimentos, bebidas e tabaco, minerais e metais non-ferrosos |
Principais mercados | Alemaña 13,3%, Francia 11,8%, Estados Unidos 5,9%, España 5,4%, Suíza 5,4%, Reino Unido 4,7% (2011) |
Importacións | 549,6 mil millóns (2011) |
Principais produtos importados | produtos de enxeñería, produtos químicos, equipamentos de transporte, produtos de enerxía, minerai e metais non-ferrosos, tecidos e roupas, alimentos, bebidas e tabaco |
Principais mercados | Alemaña 16,5%, Francia 8,8%, República Popular da China 7,7%, Países Baixos 5,5%, España 4,7% (2011) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 2 684 mil millóns (2011) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Durante a última década, a Italia seguiu unha política fiscal apartada a fin de cumprir os criterios da Unión Económica e Monetaria e beneficiouse de taxas de xuros e de inflación máis baixas, levando á adhesión ao Euro desde o inicio, en 1999.
A performance económica de Italia veuse atrasando en relación aos seus parceiros da UE, e o actual goberno pon en práctica numerosas reformas de curto prazo destinadas a aumentar a competitividade e o crecemento a longo prazo da economía.
A pesar diso, ten andado devagar na posta en funcionamento de reformas estruturais consideradas necesarias polos economistas neoliberais, como a diminuición dos impostos, a flexibilización das leis que rexen o mercado de traballo e a reforma do sistema de pensións por causa do abrandamento económico en curso e da oposición dos sindicatos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.