Satélite artificial científico estadounidense. From Wikipedia, the free encyclopedia
Explorer 14, tamén denominado EPE-B, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 2 de outubro de 1962 mediante un foguete Delta A desde Cabo Cañaveral.[2][5][7]
Explorer 14 | |
---|---|
Maqueta do Explorer 14. | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 2 de outubro de 1962, 22:11 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta A[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[2] |
Obxectivo da misión | Estudo dos raios cósmicos, o vento solar e o campo magnético terrestre e interplanetario.[2] |
Decaemento | 28 de maio de 1988[1] |
NSSDC ID | 1962-051A |
Masa | 40 kg[6] |
Explorer 14 foi o segundo membro do modelo de satélites EPE (Energetic Particles Explorer). Estaba adicado a facer observacións dos raios cósmicos, o vento solar e o campo magnético terrestre e interplanetario.[2][5][6]
O satélite usaba un telémetro de 16 canais con multiplexación por división de tempo cunha velocidade de mostraxe de 0,324 s. Oito dos canais usábanse para procesar información de xeito dixital, e os outros oito para facelo analoxicamente. Explorer 14 estabilizábase mediante xiro, usando un sensor solar para medir a velocidade de rotación e a fase.
O satélite funcionou sen problemas excepto no período do 10 ao 24 de xaneiro de 1963 e despois do 11 de agosto dese mesmo ano debido a un problema co codificador de datos, que probou a finalización da recollida de datos usables. Obtivéronse datos útiles durante o 85% da vida do satélite. A velocidade de xiro inicial tras o lanzamento foi de 10 r.p.m., diminuíndo ata 1 r.p.m. o 8 de xullo de 1963.[2][5][8]
Explorer 14 foi inxectado nunha órbita inicial de 98.533 km de apoxeo e 281 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 32,95 graos e un período de 2 185 minutos. Reentrou na atmosfera o 28 de maio de 1988.[1][3][6]
Explorer 14 levaba os seguintes instrumentos a bordo:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.