Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O sono é o proceso polo que os seres humanos e outros animais descansan periodicamente. O ciclo do sono fórmase por catro estadios e dura preto de noventa minutos (pode chegar a 120 minutos). Este ciclo repítese catro ou cinco veces durante o sono.
Cando se dorme, pérdense os sentidos na seguinte orde: visión, padal, olfacto, audición e tacto. O tacto é o sentido que esperta máis doadamente, é o vixía do corpo adormecido. Á hora de acordar, os sentidos retornan coa seguinte orde: tacto, audición, visión, padal e olfacto.
O período máis longo que unha persoa conseguiu ficar sen durmir foi de, aproximadamente, doce días. Napoleón Bonaparte durmía catro horas por noite, e en troques, Albert Einstein precisaba de dez horas de sono.
Pode definirse sono como "un período de repouso para o corpo e a mente, durante o cal a volición e a consciencia están en inactividade parcial ou completa" (Dorland citado por Roper; Logan; Tierney, 1993, 466). Xa Friedman (1995, 1827), define sono como "o desencadear deliberado dunha alteración ou redución do estado consciente, que dura, de media 8 horas (...) tendo o seu inicio normalmente tódolos días á mesma hora, e (...) resultando del, xeralmente, unha sensación de enerxía física, psíquica e intelectual restablecida". Existen varias definicións de sono presentadas por diferentes autores, e no xeral compleméntanse unhas ás outras.
De acordo con Fontaine, Briggs e Pope-Smith (2001), o sono é importante para a recuperación da doenza, en canto que a privación deste pode afectar a rexeneración celular así como a total recuperación da función inmunitaria.
O sono divídese en dous estadios fisioloxicamente distintos, REM (Rapid Eye Movement ou Movemento Rápido dos Ollos) e NREM (Non Rapid Eye Movement ou Movemento Non Rápido dos Ollos).
O sono REM, caracterízase por unha intensa actividade rexistrada no electroencefalograma (EEG) seguida por flaccidez, parálise funcional, dos músculos esqueléticos. Nesta fase a actividade cerebral é semellante ao estado de vixilia. Deste modo, o sono REM é tamén denominado por varios autores como sono paradoxal podendo mesmo falarse de estado disociativo.
Nesta fase do sono, a actividade onírica é intensa, sendo sobre todo soños coloridos acerca de situacións emocionalmente moi fortes.
É durante esta fase cando facemos integración da actividade cotiá, isto é, a separación do trivial do importante. Este representa o 20 a 25% do tempo total de sono e xorde en intervalos de 60 a 90 minutos. Esta fase é esencial para o benestar físico e psicolóxico do individuo.
A fase NREM ocupa cerca do 75% do tempo do sono e divídese en catro períodos distintos coñecidos como estadios 1, 2, 3 e 4.
O estadio 1 comeza cunha somnolencia. Dura aproximadamente cinco minutos. A persoa adormece. É caracterizado por un EEG semellante ao estado de vixilia. Este estadio ten unha duración de 1 a 2 minutos, estando o individuo facilmente espertable. Durante este estadio predominan sensacións de vagueo, pensamentos incertos, mioclonías das mans e dos pés, lenta contracción e dilatación pupilar. Nesta fase, a actividade onírica está sempre relacionada con acontecementos vividos recentemente.
A persoa xa dorme, mais aínda non profundamente. Dura en torno a quince minutos. O estadio 2 ten unha duración aproximada de 5 a 15 minutos. Caracterízase por un EEG con frecuencias de ondas máis lenta, aparecendo o "complexo K". Nesta fase, os espertares por estimulación táctil, fala ou movementos corporais son máis difíciles do que no anterior estadio. Aquí a actividade onírica xa pode xurdir baixo a forma de soños cunha historia integrada.
O estadio 3 e 4 teñen moitas semellanzas entre si, de aí o seren case sempre asociados en termos bibliográficos cando se caracterizan. Nestas fases, os estímulos necesarios para acordar son maiores. Do estadio 3 ao estadio 4 vai aumentando a dificultade de espertar. Este estadio ten unha duración de aproximadamente 15 a 20 minutos.
Son corenta minutos de sono profundo. É moi difícil espelir a alguén nesa fase de sono. Despois, a persoa retorna ao terceiro estadio (cinco minutos) e ao segundo estadio (máis quince minutos). Entra, entón, no sono REM.
Este estadio NREM do sono caracterízase pola secreción da hormona do crecemento en grandes cantidades promovendo a síntese proteica, o crecemento e reparación tecidular, inhibindo, así, o catabolismo (cf. Bolander, 1998). O sono NREM desempeña, así, un papel anabólico, sendo esencialmente un período de conservación e recuperación de enerxía física.
Un ciclo do sono dura cerca de 90 minutos, ocorrendo catro a cinco ciclos de sono nun período de sono nocturno.
Segundo Lavie (1998, 45), o número de ciclos por noite depende do tempo do sono, engadindo, aínda, que "o sono dunha persoa nova está, habitualmente, composto por catro ou cinco deses ciclos, en canto que o dunha persoa máis vella terá menos". De aí podemos deducir que o número de ciclos por noite nun individuo depende de factores como a idade.
Nos primeiros ciclos do sono, os períodos de NREM (máis concretamente o estadio 3 e 4) teñen unha duración maior có REM. Á medida que o sono vai progresando, os estadios 3 e 4 comezan a acurtarse e o período REM comeza a aumentar.
Na primeira parte do sono predomina o NREM, sendo os períodos REM máis duradeiros na segunda metade.
Segundo Phipps (1995) o sono é unha das moitas ocorrencias biolóxicas que ten lugar á mesma hora, cada 24 horas. Este márcase por unha intensa actividade cerebral e pola ocorrencia de determinadas funcións que son moi importantes para o organismo.
A necesidade diaria de sono varía, non só de individuo para individuo (variación inter-individual), senón tamén no mesmo individuo (variación intra-individual) de día para día. Existen varios factores que contribúen á alteración do padrón de sono, considerados factores físicos, socio-culturais, psicolóxicos, ambientais etc. Segundo un estudo efectuado por DLIN e colaboradores (citados por Thelan, 1996), dentro dos factores ambientais temos:
O ruído pode ser visto como un perigo ambiental que crea desconforto e pode interferir co sono e repouso do doente, unha vez que activa o sistema nervioso simpático cuxa estimulación é responsable do estado de vixilia ou alerta do individuo.
Moitas son as persoas que presentan un nivel de sensibilidade elevado á luz, sendo por iso facilmente perturbadas durante o sono mesmo que sexa unha luz de pouca intensidade.
É importante que poida existir un maior control sobre a temperatura do ambiente exterior, e que este control se realice de forma coidadosa. Tendo en conta que a temperatura corporal atinxe o seu pico ao final da tarde ou principio da noite e despois vai baixando progresivamente atinxindo o punto máis baixo ao inicio da mañá, unha diminución ou un aumento da temperatura ambiente fai, xeralmente, acordar a persoa ou créalle un certo desconforto que o imposibilita de durmir.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.