From Wikipedia, the free encyclopedia
A ductilidade é unha propiedade que presentan algúns metais e aliaxes cando, baixo a acción dunha forza, poden deformarse sen romper permitindo obter arames ou fíos. Isto ocorre porque os átomos dos metais dispóñense de tal xeito que é posible que se deslicen uns sobre outros e se poida estirar sen romper. Os metais e aliaxes con esta propiedade coñécense como dúctiles.
Tecnicamente, pódese dicir que un material é dúctil cando a relación entre o alongamento lonxitudinal producido por unha tracción e a diminución da sección transversal é moi elevada.
No ámbito da metalurxia enténdese por metal dúctil o que sofre grandes deformacións antes de romper, sendo o oposto ó metal fráxil, que rompe sen apenas deformación.
Non debe confundirse dúctil con brando, xa que a ductilidade é unha propiedade manifestada cando o material está soportando unha forza considerable. Mentres a carga sexa pequena, a deformación tamén o será, pero alcanzado certo punto o material cede, deformándose en moita maior medida do que o fixera ata entón, pero sen chegar a romper.
Nun ensaio de tracción os materiais dúctiles presentan unha fase de fluencia caracterizada por unha gran deformación sen apenas incremento da carga.
Desde un punto de vista tecnolóxico, á marxe de consideracións económicas, o uso de materiais dúctiles presenta vantaxes:
A ductilidade dun metal valórase de forma indirecta a través da resiliencia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.