Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dor ósea é unha forma debilitante de dor proveniente do tecido óseo. Ocorre en virtude dunha ampla variedade de doenzas e/ou condicións físicas e pode prexudicar severamente a calidade de vida dos pacientes que a sofren.[1] A dor ósea presenta múltiples causas, como un grande estrés físico e doenzas como o cancro.[2][3] Sábese, hai moitos anos, que os osos son innervados por neuronas sensoriais, pero a anatomía exacta desa innervación aínda permanece escura debido ás propiedades físicas contrastantes do óso e do tecido nervioso.[4] Porén, até recentemente non se determinara cales son os tipos de neuronas que innervan cada parte do óso.[5] A capa perióstea do tecido óseo é altamente sensíbel á dor e unha causa importante da dor ósea en varias condicións patolóxicas, como en fracturas, osteoartrite etc. Porén, en certas doenzas, o endósteo e o suprimento nervioso do sistema de Havers parece desempeñar un papel importante, como na osteomalacia, na osteonecrose, entre outras.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.