Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Doríforo (en grego δορυφόρος, Doryphóros, "o portador de lanza") é unha das esculturas gregas da antigüidade clásicas máis coñecidas na que se representa a un guerreiro de pé, musculoso e, orixinalmente cunha lanza apoiada sobre o seu ombreiro esquerdo.
Doríforo | |
---|---|
Copia romana do orixinal en bronce | |
Artista | Policleto |
Data | orixinal 450 a.C-440 a.C; copia de finais do II a.C. a comezos do I a.C. |
Técnica | talla |
Movemento | Arte grega, período clásico. |
Dimensións | 212 cm × cm |
Localización | Museo Arqueolóxico Nacional. (Nápoles) |
Realizado, orixinalmente de bronce, está atribuída ao escultor grego Policleto realizada, probablemente entre o 450 a.C. e o 440 a.C.; porén , hoxe en día, só se conservan, copias romanas en mármore da que a máis afamada é a atopada en Pompeia que está datada entre finais do século II a.C. e comezos do século I a.C.e se atopa no Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles, Italia. Esta ten unha altura de 2,12 metros.
A obra constitúe un importante exemplo temperá do contrapposto e do realismo de época clásica e chegou a ser moi influínte noutras obras da arte antiga.
Representa a un mozo de pé, a un atleta vencedor que porta unha lanza ou xavelina na man esquerda. Considérase que Policleto realizou esta obra como ilustración dun libro escrito por el titulado Canon (modelo en grego)[1] no que se refería á simetría e as proporcións. O libro expresaba o arquetipo ou modelo perfecto, polo seu estudo matemático das proporcións ideais na representación do corpo humano: a altura do corpo era sete veces a da cabeza,[2] a cal se dividía en tres partes iguais: fronte, nariz, e distancia entre nariz e queixo; o pé era tres veces a lonxitude da palma da man; a perna, do pé ao xeonllo, era seis veces a lonxitude da palma da man etc.
O corpo é concibido coma un conxunto de planos, moi separados, e molduras: podémolo observar no bordo dos peitorís e na rugosidade pelviana, por exemplo. Estes pregamentos musculares tan vigorosos suxiren volume. Outra achega importante do Doríforo é a posición da figura, pois Policleto acada o equilibrio cun ritmo cruzado e compensado, o contraposto, que lle dá efecto de profundidade. Presenta a cabeza lixeiramente ladeada, inclinación derivada da postura, xa que a figura gravita sobre a dereita. O lado esquerdo proxéctase para fóra co fin de soster a lanza apoiada no ombro, e responde á curvatura do lado oposto. Unha observación polo miúdo permítenos comprobar a diferente función de cada perna. Deste xeito, rompe co estatismo arcaico, pois a figura está en actitude de avanzar, pero hai unha contención do movemento: pódese dicir que posúe a estabilidade do movemento en potencia.
O realismo na obra é manifesto e consegue ofrecer a beleza ideal do corpo masculino. Non obstante, aínda non é posible apreciar a beleza na expresión, pois o seu rostro é inexpresivo e frío.
O Doríforo creouse durante o alto período clásico. Durante este tempo, fíxose fincapé no home ideal que se amosaba nun espido heroico. O corpo sería o dun atleta novo que incluía músculos cicelados e unha pose naturalista. O rostro é xenérico, sen emocións coa característica "imperturbabilidade clásica". Algúns eruditos cren que o Doríforo representaba a un Aquiles mozo no seu camiño cara á batalla na guerra de Troia, mentres que outros cren que hai confusión sobre se a escultura estaba destinada a representar a un mortal ou un heroe. Tamén houbo discusións sobre onde se situarían estas esculturas durante o alto período clásico, dependendo de onde foron descubertas. Por exemplo, a copia en Nápoles atopouse no ximnasio municipal de Pompeia, o que leva a crer que se puido situar preto dos lugares de exercicio da mocidade. Porén as copias tamén adoitábanse colocar nas casas das persoas que as encargaban, tanto dentro como fóra,
As proporcións do torso masculino establecidas por Policleto, durante a época helenística e romana, osificáronse na coraza muscular, exemplificadas por Augusto de Prima Porta, que leva unha armadura cerimonial modelada en relevo sobre un torso muscular idealizado que aparentemente está inspirado no Doriforo.[3][4] A mesma representación ten as pernas do emperador dispostas do mesmo xeito que a postura do Doriforo. Outro exemplo da influencia que Doriforo tivo na escultura moito máis tarde da súa concepción inicial pódese ver no David de Miguel Anxo, agora situado na Galleria dell'Accademia de Florencia. O uso do contrapposto, o espido masculino idealizado e a inspiración anticuada xeral amosan ecos do Doriforo de Policleto. Porén, hai posibilidades de que o David non se deseñase tanto co Doryphoros en mente, senón co estilo máis amplo de proporcionar contrapóstico que Policleto estendeu como resultado do seu traballo, como se ve na mencionada estatua de Prima Porta ou coa estatua do Apolo Belvedere.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.