From Wikipedia, the free encyclopedia
A Domus Aurea (literalmente, en latín, Casa de Ouro), era un grandioso palacio construído polo emperador Nerón en Roma tras o grande incendio do ano 64. Ocupaba, segundo se calculou, ao redor de 50 hectáreas entre os outeiros do Palatino e o Esquilino.
Os seus luxos incluían incrustacións de ouro, pedras preciosas e marfil, e cóntase que os teitos dalgúns salóns tiñan comportas por onde se guindaban flores e perfumes durante as festas ofrecidas por Nerón.
Inacabada á morte de Nerón e danada polo incendio do 104, a Domus Aurea foi cuberta con cascallos por orde do emperador Traxano, unha medida que a longo prazo asegurou a súa conservación ao evitar a habitual pillaxe de materiais valiosos que afectou a outros edificios como o Coliseo. Polo menos unha parte das estancias do palacio permaneceu descoñecida até o século XV, cando se achou casualmente o acceso a unha das bóvedas soterradas baixo terra. As decoracións murais descubertas entón foron a inspiración do motivo de grutescos que se fixo habitual no Renacemento. A palabra grutesco deriva de gruta, en alusión ás ruínas subterráneas da Domus.
Os restos atopados nas posteriores escavacións amosan un bo estado de conservación, e as súas pinturas son particularmente fermosas. Con todo, limitacións orzamentarias impediron durante décadas a conservación axeitada do conxunto, que sufriu fendas e humidades que facían perigar a súa sustentación e que desaconsellaban o acceso do público. Por causa das devanditas fendas e a filtración de auga, o 30 de marzo de 2010 parte do teito, ao redor de 60 metros cadrados, dunha das galerías do complexo afundiuse, inda que no intre do colapso non había turistas no sitio.
Suetonio conta que Nerón ao entrar por primeira vez na súa Domus Áurea, exclamou:
Ben! Agora por fin podo empezar a vivir como un ser humano.Suetonio, Vida dos Césares - Vida de Nerón, 31.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Domus Aurea |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.