From Wikipedia, the free encyclopedia
O diner andorrano é unha divisa conmemorativa, emitida no Principado de Andorra en forma de moedas para coleccionistas. O "diner" está dividido en 100 "cèntims". O nome diner (moeda en catalán ou diñeiro en galego) derívase da divisa romana denario.
Diner andorrano | |
---|---|
Diner andorrà en catalán | |
Código: | |
Ámbito: | Andorra |
Símbolo: | D. |
Fracción: | 100 cèntims |
Emisor: | Non é unha moeda legal. Só para coleccionistas. |
Taxa de troco: Troco nunca fixado oficialmente. | 1 D. = 5 FRF 1 D. = 100 ESP 1 D. = 0,75 EUR |
O Servizo de Emisións da Vigairía Episcopal emitiu, dende 1977, unhas series de moedas sen valor legal cun valor facial de diñeiro, aínda que anteriormente se realizaron algunhas emisións privadas. O seu valor de referencia, sen valor de troco, era de 100 pesetas ou 5 francos franceses. En 1998 é o Consello Xeral quen emite por primeira vez unha serie de diñeiro para conmemorar o 250 aniversario do Manual Digest.
O seu valor é principalmente para coleccionistas, dada a escasa tirada das emisións. Emitiuse en moedas de prata, ouro e bimetálicas. O motivo máis reproducido é a figura de Carlomagno.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.