From Wikipedia, the free encyclopedia
Os rombozoos (Rhombozoa) ou diciémidos (Dicyemida) son un grupo de animais, constituído por pequenos parasitos dos riles de peixes e moluscos (polbos e luras). Viven en mucosas e outros lugares cun ambiente practicamente anaeróbico. Existen aproximadamente 75 especies. Cada adulto ten aproximadamente 30 células.
O estadio máis frecuente nestes animais é o de adulto ou nematóxeno. O nematóxeno é un animal pequeno, ciliado, vermiforme e cun número constante de células superficiais ou somatodermo (entre 10 e 15 células segundo a especie) rodeado por unha célula axial alongada e central onde se forman os embrións vermiformes. Nos cefalópodos adultos, as células axiales forman unha gónada hermafrodita que produce un óvulo fertilizado polo esperma producido nesa mesma gónada. Cando o hospedador chega á madurez sexual, os nemátoxenos pasan a rombóxenos, cargándose algunhas células de inclusións e dando lugar a células verruciformes. As células xerminais dos rombóxenos dan lugar a unha larva infusoriforme. Dentro da larva está un espazo chamado furna con catro células centrais rodoeado por detrás e lateralmente por outras células grandes e planas. Diante das células centrais hai unha cavidade da furna, pechada por dúas células ciliadas que están detrás das células apicais.
Unha vez que a larva infusoriforme sae do hospedador descoñécese o resto do seu ciclo vital aínda que se supón que entra noutro hospedador.
Os rombozoos ou diciémidos pódense dividir nos seguintes grupos:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.