Diana López Varela, nada en Pontevedra en 1986, é unha xornalista, guionista e escritora galega.[1][2]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar

Traxectoria

Licenciouse en Xornalismo na Universidade de Santiago en 2008 e fixo mestrados na Universidade San Pablo CEU (2010), na Universidade de Vigo (2012) e na UNED (2019).[3]

Ten traballado como xornalista no Diario de Pontevedra, Diario de Arousa, Radio Galega (Galicia por diante), VEO 7, Telecinco e Telelugo (presentou e dirixiu De tarde en tarde). Tamén colaborou en Jot Down, Elnacional.cat, Luzes de Galicia, Yes (La Voz de Galicia), Público, Onda Cero[4] (Un alto en el camino, desde 2017).

En 2012 abriu o blog Suspenso en Religión[5] no que publicou o artigo "Mi coño", sobre o aborto, que tivo moita repercusión nos medios.[6]

Desde 2018 organiza con Susana Pedreira o congreso As Mulleres que Opinan son Perigosas, encontro de mulleres columnistas que se celebra en Pontevedra arredor do 8 de marzo.[7]

Ten participado en múltiples palestras, encontros etc sobre xénero e feminismo.[3]

Obra

Obra colectiva

  • Todas Contamos. Antología benéfica (2019). Amazon.[9] (en castelán)
  • As mulleres que opinan son perigosas (2022). Con Susana Pedreira. Deputación de Pontevedra.[10]

Guionista

  • O gato con botas, 4 tempadas na TVG.[11]
  • Land Rober Tunai Show, 4ª tempada, TVG.
  • Vou que teño que ir, TVG[12]
  • Clases de lo Social, webserie, 2ª tempada
  • Superpunky, curta musical
  • Feminazi, curta
  • 25 anos de Cinema Galego, documental, en colaboración.
  • Memorias de un Hombre en Pijama, película de animación.
  • Mañana no te Olvides, película.
  • O home e o can, película[13]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.