From Wikipedia, the free encyclopedia
Un diagrama polar é a representación gráfica de dúas magnitudes con dependencia angular que amosa a radiación que un determinado sistema capta ou emite nun espazo, por exemplo as ondas electromagnéticas ou o son.
Un exemplo de uso é para mostrar a sensibilidade coa que un son é captado por un micrófono segundo o ángulo co que o son incide (directividade). Segundo o seu diagrama polar os micrófonos divídense en omnidirecionais, bidireccionais e unidireccionais. Outros exemplos son os altofalantes (os bidireccionales e omnidireccionais non se empregan moito: requieren grandes caixas acústicas), así como antenas de todo tipo.
Temos logo, dependendo da súa direccionalidade, diagramas:
Por igual en todas as direccións, é dicir, nos 360º.
O diagrama polar ten forma de oito, nome que tamén recibe, con dous lóbulos opostos. Emiten ou captan tanto por diante como por detrás, mentres que son practicamente inútiles nos laterais.
O ángulo preferente sitúase arredor dos 100º.
Emiten ou captan nunha dirección moi determinada e son relativamente inútiles polo resto.
Tipo de unidireccional que se chama así porque o diagrama polar ten forma de corazón, isto é, radian ou captan cara ou desde a parte frontal e teñen un mínimo de sensibilidade na parte posterior, onde se produce unha atenuación gradual.
O ángulo preferente sobre os 160º.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.