From Wikipedia, the free encyclopedia
A poboación de Colombia concéntrase nas áreas andinas e na costa do Atlántico, onde se aprecian os núcleos demográficos da sabana de Bogotá, conformado por Bogotá e Soacha, do val de Aburrá, que abrangue a Medellín, Bello e Itagüí, do Valle del Cauca, composto por Cali e Palmira. O mesmo que as cidades da Costa Atlántica, Cartaxena, Barranquilla e Santa Marta. Ó igual que os centros demográficos de Bucaramanga e Cúcuta na zona dos Santanderes, o Eixo cafeteiro, Huila e Tolima.
En canto á súa demografía, Colombia caracterízase por ser o terceiro país máis poboado en Latinoamérica despois do Brasil e México. Experimentou un rápido crecemento de poboación como moitos países da rexión, cun lixeiro descenso nas últimas décadas. Arrededor de 3 millóns de colombianos viven fóra do país por mor do conflito armado. Porén, grazas a melloras económicas dende a década dos 2000, nos centros urbanos melloráronse os estándares de vida.
A Galipedia ten un portal sobre: Colombia |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.