Músculo deltoide
músculo superficial do ombreiro From Wikipedia, the free encyclopedia
O músculo deltoide é un músculo superficial do ombreiro. A súa orixe áchase na clavícula e escápula, mentres que a inserción distal atópase no úmero. Está cuberto pola súa propia fascia.

Insercións
Proximais
Distal
- No úmero, na superficie externa diafisaria, formando unha tuberosidade con forma de uve (uve deltoide). A parte do músculo que se insire é o tendón deltoide.
Relacións
É un músculo superficial cuberto pola pel e tecido subcutáneo.
- A cara fonda cobre ao músculo preescapular, en parte ao infraespiñal, supraespiñal e redondo menor. Tamén cobre en parte ao redondo maior. Por debaixo da cara fonda atopamos a bolsa subdeltoide ou subacromial.
- O bordo anterior relaciónase co paso do tendón do tendón cuadrilátero do pectoral maior, músculo que procede da parte anterior do tórax e se insire na corredoira bicipital.
Entre o deltoide e o pectoral maior áchase a canle deltopectoral, por onde pasan a vea cefálica (vea superficial do brazo) e un grupo de ganglios linfáticos asociados a tal vea.
Vascularización
É unha vascularización múltiple, que recibe a través de distintas ramas da arteria axilar.
Innervación
É innervado polo nervio circunflexo da escápula.
Acción
A acción fundamental é a da abdución ou elevación do membro superior ata a horizontal. Ademais, axuda a protexer a articulación glenoumeral.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.