futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
David Pérez Doval, nado en Sarria o 12 de febreiro do 2002,[1] é un futbolista galego que xoga como centrocampista, máis coñecido coma Doval.
David Pérez Doval | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nacemento | 12/02/2002 | ||
Lugar de nacemento | Sarria | ||
Altura | 169 centímetros | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | AD Ceuta | ||
Número | 20 | ||
Carreira xuvenil | |||
2016 - 2018 | Club Deportivo Lugo | ||
2020 - 2021 | Pontevedra CF | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1 | CD Leganés B | 2 | (1) |
1 | SD Sarriana | 15 | (4) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
No ano 2016 ingresou na canteira do Club Deportivo Lugo e disputou a Liga Galega e a División de Honor.[2] Na tempada 2018-19 xogou cedido no xuvenil A do Club Polideportivo Calasancio, co que disputou 22 partidos oficiais.
En xuño do 2019 rescindiu contrato co Club Deportivo Lugo e no verán do 2019 comeza a tempada co filial do Leganés B e debuta na Terceira División fronte ó Alcorcón B con 17 anos.[3][4] En outubro do 2019 regresa a Lugo[5][6] e ingresa nas filas do primeiro equipo da Sarriana[7] e debuta o 1 de novembro de 2019 na liga Preferente fronte ó San Tirso.[8][9] Ao finalizar a tempada 2019-20 rescinde contrato coa Sarriana e volve a ser propiedade do Leganés.[10] Na temporada 2020-21 firma polo equipo xuvenil do Pontevedra CF.[11][12] Tras completar unha temporada no Pontevedra, asinou un contrato co AD Ceuta no seu primeiro ano de sénior onde competiu na 2ª RFEF.[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.