xornalista e maxistrado galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Darío Ulloa Varela, nado en Pontevedra cara a 1850 e finado en Madrid o 13 de setembro de 1903,[1][2] foi un xornalista e maxistrado galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1850 Pontevedra, España |
Morte | 13 de setembro de 1903 (52/53 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Irmáns | Torcuato Ulloa |
Irmán de Torcuato Ulloa Varela. Foi director de La Idea (1870), redactor de El Radical, participou en Biografías gallegas. Historia y hechos de los personajes más importantes del pais (1876) e colaborou en El Heraldo Gallego. Trasladouse a Madrid, onde foi redactor de La Iberia e La Correspondencia de España e redactor e logo director de La Izquierda Dinástica. Licenciouse en Dereito e seguiu a carreira xudicial: foi xuíz municipal dun dos distritos de Madrid, fiscal en Filipinas, foi maxistrado da Audiencia de Ponce (Porto Rico) e en 1897 da Audiencia da Habana.[3]
Retornado á península foi xuíz de Santander, dun dos distritos de Barcelona e despois presidente da Audiencia de Bilbao; en agosto de 1903 foi nomeando maxistrado da Audiencia Territorial da Coruña.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.