From Wikipedia, the free encyclopedia
Daniel "Danny" Edwin Carey, nado o 10 de maio de 1961 en Lawrence (Kansas), é un batería estadounidense, actualmente na banda Tool. Tamén contribuíu en álbum de artistas coma ZAUM, Green Jellÿ, Pigface, Skinny Puppy, Adrian Belew de King Crimson, Carole King, Collide, The Wild Blue Yonder, Lusk e The Melvins.
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Daniel Edwin Carey 10 de maio de 1961 (63 anos) Lawrence, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | University of Missouri–Kansas City (en) |
Altura | 1,96 m |
Actividade | |
Ocupación | batería, músico de jazz, compositor de cancións |
Membro de | |
Xénero artístico | Jazz |
Instrumento | Batería |
Selo discográfico | Zoo Entertainment |
Páxina web | dannycarey.com |
O primeiro encontro de Danny coa batería foi cando tiña dez anos, cando se uniu á banda da escola e comezou a ir a clases privadas de caixa. Dous anos despois Danny comezou a practicar cunha batería e comezou a traballar cun profesor particular. Na escola de secundaria uniuse á banda de jazz e comezou a estudar cun novo profesor, desta vez especializado en jazz. A medida que avanzaban os seus estudos primeiro de secundaria e posteriormente na University of Missouri - Kansas City, foi ampliando os seus estudos de percusión con teoría dos principios da xeometría, ciencia e metafísica. Danny tamén tocou jazz mentres ía ao instituto e experimentou nesa escena en Kansas City.
Danny deixou Kansas e marchou cara aos Ánxeles, onde traballou como batería de estudio con bandas como a de Carole King e tocou en directo con Pigmy Love Circus. Tamén tocou en Green Jellÿ coma Danny Longlegs e gravou o álbum Cereal Killer. Finalmente entraría a formar parte de Tool despois de coñecer ao vocalista Maynard James Keenan e ao guitarrista Adam Jones. Ademais de Tool, Carey participou tamén doutros proxectos coma Pigmy Love Circus, VOLTO! e ZAUM.
A pesar de que Carey non se alineou con ningunha escola filosófica ou relixión en particular, amosou un profundo interese na comprensión das artes máxicas, xunto con varias ciencias ocultas. Símbolos enoquianos, deseños xeométricos e instrumentos percusivos especialmente simbólicos poden atoparse na súa baterías. Tamén é colecionista de primeiras edicións de libros do ocultista Aleister Crowley, así como de libros dun dos discípulos deste, Kenneth Grant.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.