Un LED, acrónimo de light-emitting diode (en galego, díodo emisor de luz), é un tipo de díodo que ao ser polarizado en directa (é dicir, co polo negativo conectado á zona dopada tipo n) emite unha radiación luminosa. Este tipo de luces son ecolóxicas, cunha duración entre 30000 e 100000 horas.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Principio de funcionamento
O funcionamento dun LED baséase no fenómeno cuántico de emisión espontánea de luz que se dá en determinados materiais semicondutores baixo certas condicións. Este fenómeno consiste na perda de enerxía instantánea dun electrón nun semicondutor, pasando o electrón a un nivel enerxético menor, e resultando na emisión dun fotón, cunha enerxía (e as correspondentes frecuencia e longura de onda) igual á enerxía de excitación do electrón. Así, nos LED's máis típicos, formados por materiais cun único estado excitado colaborando na emisión de fotóns, a luz emitida é monocromática. Por outra banda, segundo o material co que estean fabricados, terán unha cor ou outra, entendendo por cor física a longura de onda que incluiría ademais das visíbeis as infravermellas.
Características
O LED é un dispositivo moi duradeiro en comparanza con outras fontes luminosas coma a lámpada incadescente ou o tubo fluorescente, ademais de presentar un formato moito máis sólido e compacto.
Presenta perdas térmicas moi pequenas en comparanza coa lámpada. O seu principio de funcionamento faino moito máis eficiente na conversión de potencia eléctrica a potencia luminosa.
Presenta un diagrama de emisión lambertiano, isto é, proporcional ao coseno do ángulo coa perpendicular á superficie de emisión. Isto dálle unha direccionalidade da luz emitida só superada polo láser, que facilita enormemente as operacións de enfoque da luz.
E por suposto, como se adiantou, ofrece a posibilidade de emisión monocromática, sen necesidade de filtros nin a perda de enerxía asociada a eles.
Véxase tamén
Outros artigos
- Optoelectrónica
- Láser
- Díodo láser
- Díodo
- Electrónica
- OLED
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.