Curtametraxe

produción audiovisual ou cinematográfica máis breve que unha longametraxe From Wikipedia, the free encyclopedia

Curtametraxe

Unha curtametraxe é unha produción audiovisual ou cinematográfica que dura substancialmente menos que o tempo medio dun filme de produción normal. Aínda que non existe unha norma estrita, unha posible clasificación por tempo podería facerse deste xeito: a duración das curtametraxes vai dende menos dun minuto ata os 30 minutos.

Le Voyage dans la Lune, unha das primeiras curtas de ciencia ficción.

Terminoloxía e lexislación

Segundo o DRAG, unha curtametraxe ou curta é unha película de curta duración, sen especificar canto.[1] Segundo o DIGALEGO, curtametraxes son películas que teñen unha duración inferior a trinta minutos e superior a oito.[2]

Os filmes de entre 30 e 60 minutos adoitan chamarse mediametraxes. A partir dunha hora de duración considéranse longametraxes. Con todo, esas definicións poden variar e diversas convocatorias e festivais aceptan curtas de até 60 minutos, aínda que non hai unha lei galega que o limite, hai leis de ámbito estatal español e portugués que definen como curtametraxe calquera produción audiovisual inferior a unha hora.[3][4]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.