From Wikipedia, the free encyclopedia
A cultura Kurgan é unha cultura arqueolóxica neolítica nómade e gandeira, desenvolvida cara ao V milenio antes de Cristo en adiante nas chairas situadas ó nordeste do mar Negro e nos lugares cara ós que se expandiu. A hipótese da existencia desta cultura creouna Marija Gimbutas, e nela combina arqueoloxía e lingüística para situar a sede orixinaria dos pobos falantes do protoindoeuropeo (PIE).
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
É a primeira cultura indoeuropea, e polo tanto, a polémica en séculos pasados causada pola Urheimat (patria ancestral dos indoeuropeos), é establecida segundo as hipóteses de Gimbutas nas chairas meridionais rusas, entre o nordeste do mar Negro e o noroeste do mar Caspio, acoutada polo sur polo Cáucaso.
A arqueóloga lituana Marija Gimbutas escava as chairas meridionais de Rusia e descobre unha cultura que corresponde ós datos da arqueoloxía lingüística, e chámaa cultura Kurgan polos enterramentos en túmulos que se atoparon (kurgan significa en ruso túmulo.
Trátase dunha sociedade gandeira, con animais domesticados coma a vaca, o porco ou o cabalo. A grande expansión da cultura Kurgan débese a que nela tiña unha enorme importancia a clase guerreira. Os xefes eran enterrados en grandes túmulos. Xa coñecían a roda, polo que o combate o facían en carros, o cal lles daba vantaxe sobre outras culturas do seu tempo.
Adoraban os deuses dun panteón eminentemente masculino. Adoraban un deus supremo, do ceo, en contraposición da deidade suprema da cultura da Vella Europa, a deusa da terra.
A cultura Kurgan desenvólvese cara ao V milenio a.C. e, froito da súa capacidade expansiva, acada as zonas danubianas e balcánicas centroeuropeas cara ao ano 4400 a.C. A maior expansión prodúcese no IV milenio a.C.: durante este período acada a Transcaucasia e parte de Europa, cara ao 3500 a.C. Cara ao 3000 a.C. produciuse unha nova expansión cara ás rexións bañadas polo mar Exeo.
Esta cultura irá absorbendo pouco a pouco a cultura da vella Europa, presente en gran parte de Europa xa dende antes da expansión kurgan.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.