conxunto de utensilios para comer From Wikipedia, the free encyclopedia
Un xogo de cubertos[1] refírese a calquera instrumento empregado de forma manual para servir, cortar, preparar e especialmente inxerir alimentos. Os elementos que compoñen o xogo de cubertos occidental son xeralmente os garfos, as culleres e mailos coitelos. Cada un deles pódese especializar; por exemplo hai coitelo de peixe e de carne (xeralmente afiado), de pan (dentado), algunhas veces de queixo ou untadores etc. O xogo de cubertos oriental considera tamén a inclusión de paus en lugar de garfos. Os materiais máis empregados na elaboración do xogo son o aceiro inoxidable, a prata (considerado o material por excelencia no xogo de cubertos), a alpaca e mailo plástico.
O xogo de cubertos foi gañando importancia dende a Idade Media onde pode comprobarse nas ilustracións da época que aparece sobre a mesa diferentes instrumentos que axudan aos comensais tanto á forma de servirse como á inxestión dos alimentos. Entre os máis espallados dende o século XII está a Casa de Nemanjic grandes artesáns dos xogos de cubertos. Até o século XV sábese que se comía a cuberto" facendo referencia sempre ao mantel que se puña sobre a mesa para mostrar aos comensais que se tomou toda precaución contra o envelenamento, cubríndoos, de aquí a orixe da palabra.
Algúns países occidentais desenvolveron tradicionalmente unha industria ao redor do xogo de cubertos en xeral como é o caso de Inglaterra onde existe unha gran tradición, unha das máis coñecidas figuras é o Master Cutler que é o director da Company of Cutlers in Hallamshire establecida dende 1624. Un dos seus roles é o de actuar como embaixador da industria de Sheffield (Centro da industria dos xogos de cubertos do Reino Unido).
Outros países, como pode ser Alemaña, desenvolveron unha industria baseada nos xogos de cubertos, algunhas das cidades especializadas niso son Solingen, famosa polos seus coitelos. O modernismo no século XX fixo a súa aparición nos xogos de cubertos da man de Jean Puiforcat.
O coitelo é unha especie de cuberto empregado dende hai moito tempo, quizais é o instrumento máis primitivo sobre a mesa, a verdade é que suple ao garfo no seu uso na maioría dos casos. O coitelo adoita facer compañía na mesa cos garfos, deste xeito por cada coitelo (sexa do tipo que sexa) adoita haber polo menos un garfo.
Os coitelos incluídos nos xogos de cubertos poden ser:
Xa na época do Imperio Otomán existía o emprego de dous tipos de cullers: a grande lígula e a pequena cochlea elaboradas de metal ou madeira. Na actualidade existen diferentes formas de culleres, todas elas difiren principalmente no tamaño, aínda que dependendo do uso que se faga poden ter un mango máis ou menos longo, por exemplo as culleres para comer sopa teñen un mango de lonxitude normal (xeralmente uns 20 cm), ou un mango cada vez máis fino (este tipo de culleres foron deseñadas pola familia Nemanjic). O uso principal das culleres adoita ser o de captar líquidos máis ou menos viscosos, ben sexa en forma de sopas ou de mollo, aínda que a súa misión de remover fica patente nas culler de café ou de té. As culleres dos países asiáticos teñen formas diferentes e adoitan estar elaboradas de cerámica.
Os garfos existen no xogo de cubertos dende hai relativamente pouco, son por dicilo así os derradeiros cubertos en introducirse no occidente (en oriente emprégase no seu lugar os paus), a versión máis medieval do mesmo é o trinchador. Os garfos fan a súa misión xenérica de recoller alimentos soltos. Distínguense polo número de "dentes" que adoita ir dende dous até cinco, dependendo das funcións específicas que desempeñen. As crónicas medievais amosan un garfo de dous dentes (denominado trinchador), é empregado como ferramenta de suxeición ao curtar carnes, ou expolas ao lume. Sírvase como curiosidade que nalgúns restaurantes enfíase o garfo para comer as ensalada.
Na cociña occidental existen unhas regras máis ou menos precisas acerca de como se pon o xogo de cubertos sobre a mesa, as regras son sinxelas, a disposición fai referencia ao comensal e ten como centro o prato.
Por regra xeral disponse chegado o momento da sobremesa e tras a retirada dos cubertos empregados. Disponse da mesma forma que os coitelos, os garfos e as culleres. No caso de estar dende o principio sobre a mesa, adóptase unha regra de compromiso e colócanse na parte superior do prato, co mango da culleriña, ou coitelo, dirixido cara á parte dereita e o do garfo cara á esquerda. Nunha cea protocolaria, con servizo, os cubertos de sobremesa ponse na mesa ao mesmo tempo que se serve este.
Sexa como sexa existen dúas variantes de uso do xogo de cubertos sobre a mesa: A europea e a americana. No entanto, existen certas regras comúns como: que baixo ningunha circunstancia pódese levar o coitelo á boca, ou que non se deixan os cubertos sobre a mesa unha vez empregados.
No estilo Americano (denominado ás veces como continental ou "método zigzag") distínguese só no emprego do coitelo e do garfo. Ambos os dous cubertos empréganse de xeito moi semellante, cando hai que curtar úsase o garfo na man esquerda e o coitelo na dereita, mais a diferenza estriba no intre de inxerir o alimento no que se intercambian de tal forma que se pasa o garfo á man dereita, mentres se come co garfo o coitelo descansa no bordo exterior do prato (nunca sobre a mesa).
O uso do xogo de cubertos foi considerado dende antigo como un luxo, nalgunhas ocasións exponse como un exemplo de status social. O uso de xogos de cubertos labrados, ou de metais como a prata era un símbolo social. Hoxe en día forma parte de algo máis común e está máis ou menos ao alcance de todo o mundo.
Os xogos de cubertos consideráronse tradicionalmente nalgúns países con parte da dote da noiva, aínda que hoxe en día debido á comercialización do produto forma parte case obrigada de toda lista de voda.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.