Illas Crozet

From Wikipedia, the free encyclopedia

Illas Crozetmap

As Illas Crozet (Francés: Îles Crozet ou oficialmente Archipel Crozet) son un arquipélago subantártico composto por varias illas pequenas, e situadas na parte sur do océano Índico. Forman parte dos Territorios Austrais Franceses.

Datos rápidos Tipo, Parte de ...
Modelo:Xeografía físicaIllas Crozet
Thumb
Tipoarquipélago
district of the French Southern and Antarctic Lands (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deFrench Southern and Antarctic Lands nature reserve (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaTerras Austrais e Antárticas Francesas, Francia Editar o valor en Wikidata
Thumb Editar o valor en Wikidata Thumb
 46°23′S 51°40′L
Bañado porOcéano Índico Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Altitude1.050 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMont Marion-Dufresne (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (1.090 m Editar o valor en Wikidata )
Superficiearquipélago: 352 km² Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data2019 (43ª Sesión)
Data de remate2019
Identificador1603-001
Historia
Data de descuberta ou invención1772 Editar o valor en Wikidata
Pechar

Xeografía

O arquipélago está composto de 6 illas, a maior parte delas volcánicas, máis un grupo de illotes e rochas formando un arco. A seguinte táboa lista as seis principais illas, ordenadas pola localización xeográfica (de Oeste a Leste):

Máis información Nº, Illa (Francés) ...
Illa (Francés)Área (km²)Altura máxima (m)Máxima elevaciónCoordenadas
1Illa dos Porcos (Île aux Cochons )67826Mont Richard-Foy46°06′S 50°14′L
2Rompentes da Heroína (Brisants de l'Héroïne) ou Rochas da Morte (Rochers de la Meurthe)0546°13′S 50°22′L
3Illa dos Pingüíns (Île des Pingouins)3340Mont des Manchots46°27′S 50°23′L
4Illotes dos Apóstolos (Îlots des Apôtres)2289Mont Pierre45°58′S 50°27′L
5Illa da Posesión (Île de la Possession )150934Pic du Mascarin46°24′S 51°46′L
6Illa do Leste (Île de l'Est)1301050Mont Marion-Dufresne46°26′S 52°18′L
7 Illas Crozet (Îles Crozet)3521050Mont Marion-Dufresne45°57' a 46°29'S

50°10' a 52°19'E

Pechar

As Illas Crozet están deshabitadas, excepto pola estación científica Alfred Faure (Porto Alfred) na cara leste da illa da Posesión, que leva habitada desde 1963. Outras estacións científicas estiveron localizadas na Grande Manchotière e La Petite Manchotière.

Mapa das Illas Crozet

Subgrupos

  • Illas 1 a 4 son coñecidas comunmente como L'Occidental (Grupo Occidental)
  • A illa 2 é de feito un grupo de dúas rochas grandes situadas 10 km ao sur de Illa dos Porcos
  • A illa 4 é un grupo de tres illas, Grand Île (1´2 km²), Petite Île, Île Donjon, e nove rochas con elevacións de entre 15 e 122 metros
  • Illas 5 e 6 son coñecidas como L'Oriental (Grupo Oriental)

Os grupos Oriental e Occidental están situados a 94´5 km do outro (desde a Illa dos Pingüíns a Illa da Posesión).

Xeoloxía

Análise das anomalías magnéticas da plataforma mariña indican que a Plataforma Crozet, das cales as illas son os puntos máis altos, formouse fai 50 millóns de anos. As illas son de orixe volcánico. Atopouse basalto de fai polo menos 8.8 millóns de anos.

Clima

As Illas Crozet non son glaciales hoxe en día. A precipitación media anual é de 2000 mm. Chove de media 300 días ao ano, e os ventos de máis de 100 km/h ocorren 100 días ao ano. As temperaturas soben de 18º C no verán, mentres que no inverno raramente baixan de 5 °C.

Historia

As Illas Crozet foron descubertas na expedición de Marc-Joseph Marion du Fresne, un explorador francés que parou o 24 de xaneiro de 1772 en Île de la Possession, tomando posesión do arquipélago para Francia. O nome das illas provén do seu segundo de a bordo, Jules Crozet. (Marion nomeara Illa de Marion anteriormente...)

Ao principio do Século XIX as illas eran visitadas frecuentemente por cazadores de focas, ao momento que as focas foron practicamente exterminadas en 1835. Logo disto, a caza de baleas foi a actividade máis común nas illas, especialmente por parte de baleeiros de Massachusetts.

Os afundimentos de barcos foron frecuentes nas Illas Crozet. O barco cazador de focas británico Princess of Wales afundiuse en 1821, e os sobreviventes pasaron dous anos nas illas. En 1887 o buque francés Tamaris afundiuse na Île des Cochons. Os sobreviventes ataron unha nota na pata dun petrel xigante, o cal foi atopado sete meses máis tarde en Fremantle. Desafortunadamente, a tripulación nunca foi atopada. Dado que os afundimentos de barcos ao redor das illas eran moi comúns, a Armada Real británica enviaba un barco cada certo número de anos en busca de sobreviventes.

Orixinalmente, Francia administrou as illas como unha dependencia de Madagascar. En 1955 foron transferidas á xurisdición dos Territorios Austrais Franceses. En 1961 estableceuse a primeira estación científica, e en 1963 a estación permanente Albert Faure, en Porto Albert en Île de la Possession (Albert Faure foi o primeiro director da estación). A estación está habitada por entre 18 e 30 persoas, dependendo da estación. leva a cabo investigación meteolóxica, biolóxica e xeolóxica, e mantense un sismógrafo.

Bioloxía

Nas Illas Crozet pódense atopar 4 especies de pingüíns. O máis común é o pingüín Macaroni, cuns 2 millóns de parellas, e o pingüín emperador. Tamén hai pingüíns Rockhopper e unha pequena colonia de pingüíns Papúa (Gentoo).

Listaxe total de illas, illotes e rochas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.