From Wikipedia, the free encyclopedia
Crisol é unha cavidade nos fornos que recibe o metal fundido. O crisol é un aparato normalmente feito de grafito con arxila que pode soportar elementos a altas temperaturas, xa sexa o ouro derretido ou calquera outro metal, normalmente a máis de 500 °C. Algúns crisois soportan temperaturas que superan os 1500 °C.
Tamén se lle denomina así a un recipiente de laboratorio resistente ao lume e utilizado para fundir substancias. É usado nas análises gravimétricas.
En sentido figurado significa lugar onde se adhiren e se unen diferentes ideas, persoas, nacionalidades, culturas etc. dando lugar a unha síntese de todas elas.
En arqueoloxía ven significar tamén os restos sobrantes da fundición dun metal. Serven como testemuña da actividade metalúrxica dos antigos habitantes dos sitios arqueolóxicos achegando importantes datos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.