From Wikipedia, the free encyclopedia
A microscopia[1] electrónica crioxénica (cryo-EM) é unha técnica de criomicroscopia aplicada a mostras arrefriadas a temperaturas crioxénicas, na que se utiliza o microscopio electrónico de transmisión e ás veces o de varrido, segundo o método. Presérvase a estrutura dos espécimes biolóxicos incrustándoos nun ambiente de xeo vítreo. Aplícase unha mostra de solución acuosa a unha grella-rede e mergúllase ata a conxelación en etano líquido ou nunha mestura de etano e propano líquidos.[2] Aínda que o desenvolvemento da técnica empezou na década de 1970, os avances recentes na tecnoloxía detectora e en algoritmos de software permitiron a determinación de estruturas biomoleculares a resolución case atómica.[3] Este método suscitou moita atención como alternativa á cristalografía de raios X ou á espectroscopia RMN para a determinación de estruturas macromoleculares sen a necesidade de cristalización.[4]
En 2017 concedeuse o premio Nobel de Química a Jacques Dubochet, Joachim Frank e Richard Henderson "polo desenvolvemento da microscopia crioelectrónica para a determinación de estruturas a alta resolución de biomoléculas en solución."[5] Ademais, Nature Methods nomeou a cryo-EM como "método do ano" en 2015.[6]
O Instituto Federal de Tecnoloxía da Universidade de Lausana e a Universidade de Xenebra abriron o Centro Dubochet para Imaxes (DCI, Dubochet Center for Imaging) en novembro de 2021, co propósito de aplicar e desenvolver máis a cryo-EM.[7] Menos dun mes despois da primeira identificación da variante Omicron do virus SARS-CoV-2, os investigadores do DCI conseguiron definir a súa estrutura, identificar as mutacións cruciais que conseguían escapar das vacinas e proporcionaron datos para novos enfoques terapéuticos.[8]
Algunhas aplicacións son:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.