Familia de galiformes From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos crácidos (Cracidae) é unha familia de aves da orde dos galiformes.
Crácidos Cracidae Rango fósil: oligoceno-actualidade 33,3 - 0 Ma [1][2][3] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Crax fasciolata, femia | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Subfamilias e Xéneros | |||||||||||||||||||
|
Conta con 55 especies propias da América tropical e subtropical, reunidas en 11 xéneros integrados en 2 subfamilias. A súa área de distribución esténdese desde o sur de Texas (onde habita unha das especies), México, América Central e o norte de Suramérica; as illas de Trinidad e Tobago contan con cadansúa especie. [4] Moitas das especies desta familia encóntranse en perigo de extinción.[5]
Son aves de pequeno a mediano tamaño e aparencia semellante á dos pavos; a súa lonxitude vai desde os 52 aos 96 cm, e o seu peso oscila entre os 0,47 e os 4,80 kg. A súa plumaxe é parda uniforme, verde escura, azul ou negra con manchas brancas, segundo as especies. Os machos son maiores que as femias e, en moitas especies, teñen cristas e, algunhas, cascos. As ás son romas, e a cola longa e ancha.[6]
Viven en selvas tropicais e subtropicais densas, bosques e matogueiras baixas nas beiras dos ríos. Distribúense polo sur de Norteamérica, América Central e o norte de Suramérica.[6]
A súa dieta comprende froitos, bagas e sementes, que ás veces complementan con insectos e outros animais pequenos.[6]
Constrúen niños xeralmente con ramiñas e vexetación en descomposición que situán en árbores, cerca do solo, ou no mesmo solo. As femias poñen de 2 a 3 ovos, ás veces 4, de cor branca ou crema e cun peso medio de 62 g; a incubación dura de 22 a 34 días, e é efectuada só pola femia.[6]
A familia foi descrita en 1815 polo polímata, naturalista, meteorólogo e arqueólogo estadounidense de orixe franco-xermano-italiana Constantine Samuel Rafinesque, co nome de Craxia (que non é un nome correcto de familia), na páxina 69 da súa obra Analyse de la nature: or, Tableau de l'univers et des corps organisés.[7] Talvez por iso algúns autores atribúenlle a descrición, en 1825 ao zoólogo irlandés Nicholas Aylward Vigors.[8]
O nome científico da familia, Cracidae, está formado pola unión dos elementos do latín científico Crac- e -ǐdae. O primeiro está tirado do xenitivo do nome do xénero tipo da familia, Crax, e o segundo é a desinencia coa que se forman os nomes das familias de animais.
Para a etimoloxía do xénero, véxase Crax.
A familia subdivídese en dúas subfamilias,[9] que comprenden o seguintes xéneros:
Familia crácidos (Cracidae) Rafinesque, 1815
As relacións filoxenéticas entre os xéneros dos crácidos móstranse no seguinte cladograma, baseado en Hackett et al. (2008):[12]
Crácidos |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Estudos do ADN mitocondrial e ADN nuclear dos crácidos indican que o grupo puido orixinarese a finais do Cretáceo. Porén, as liñaxes máis modernas, non pasaron por un proceso de especiación até o eoceno.[2][3]
A diferenciación entre as especies dos xéneros Crax, Nothocrax, Pauxi e Mitu, e entre as dos xéneros Aburria e Pipile, foi causada, seguramente, polos cambios na paisaxe de Suramérica, principalmente debido á elevación da cordilleira dos Andes, o que determinou os cursos actuais dos ríos.[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.