Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha carnizaría,[1][2] carnicería,[3] cortadoría[4] ou antigamente buxaría[5] é un establecemento onde se comercializan diferentes tipos de carnes crúas dedicadas ó consumo humano. Xeralmente, na carnizaría realízanse as tarefas de procesado finais tales como despezamento e o picado das carnes. O equipamento mínimo dunha carnizaría consta dun refrixerador industrial, un soporte para o despezamento, un conxunto de coitelos e un mostrador refrixerado.
Dende tempos dos romanos, o oficio de carniceiro estivo regulamentado, diversificado e ás veces dotado de certos privilexios. Na idade media europea era un cargo hereditario. En 1096, creouse o primeiro establecemento de venda de carne en París (actual Place du Châtelet) deste xeito iniciouse a caste da Grandepenee en mans dunhas familias determinadas que foron ós poucos facéndose máis ricos (eran só unhas 20 familias aproximadamente). Os estatutos de 1589 en Francia obrigaron ós carniceiros a comercializar a carne xusto no intre no que se pesaba a carne en balanzas, e non a ollo como se viña facendo dende moi antigo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.