Cornelis Bega, nado en Haarlem o 15 de novembro de 1620 e finado o 27 de agosto de 1664, foi un pintor e gravador holandés pertencente á Escola Holandesa.
Nome orixinal | (nl) Cornelis Pietersz Begijn (nl) Cornelis Pietersz Bega |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de novembro de 1630 Haarlem, Países Baixos |
Morte | 27 de agosto de 1664 (33 anos) Haarlem, Países Baixos |
Causa da morte | peste |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura e artes visuais |
Lugar de traballo | Alemaña (1653–1653) Suíza (1653–1653) Haarlem (1653–1664) |
Ocupación | pintor (1654–1664), augafortista (1654–1664), gravador de cobre (1654–1664), gravador, debuxante |
Membro de | |
Xénero artístico | Pintura de figuras, pintura de xénero e Vanitas |
Movemento | Barroco |
Profesores | Adriaen van Ostade |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | The Great Theatre of Dutch Painters (en) , (vol:1, sec:Cornelis Pietersz Bega, p.349-350), Lives of Flemish, German, and Dutch painters (en) , (sec:Cornille Bega, Tome Second, pag. 285) The Lives of Dutch painters and paintresses (en) , (sec:Bega (Cornelis), V2, pag. 92), |
Traxectoria
A súa nai era filla do pintor Cornelis van Haarlem e foi discípulo de Adriaen van Ostade. En 1653 e 1654 viaxou en compañía doutros pintores por Alemaña, Suíza e Austria e en 1654 o gremio de San Lucas, o dos pintores, de Haarlem admitiuno no seu seo. Nas súas obras repite cun estilo máis duro e escuro os temas do seu mestre. A partir de 1660 a súa pintura faise máis colorista, concentrándose máis nos detalles e na expresión. Retratou escenas da vida cotiá xeralmente da xente máis humilde cun toque humorísitico:"Músicos ambulantes" (Museo de Haarlem), Interior rústico ([Louvre]]), Cativa compañía ( Museo de Frankfurt). O estilo dos seus gravados foi deseguido reproducido por moitos escultores holandeses.
Galería de imaxes
- Parella amorosa 1658-1660.
- O alquimista, 1663.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.