O Consulado foi a institución de goberno en Francia entre a caída do Directorio tras o golpe de Estado que deu Napoleón Bonaparte o 18 Brumario de 1799 até o comezo do Imperio Napoleónico, en 1804.

Thumb
Napoléon Bonaparte, Primeiro cónsul, 1803. Por François Gérard.

Por extensión, o termo O Consulado refírese tamén a dito período histórico francés.

O cargo de cónsul ten a súa orixe no antigo cargo homónimo da Antiga Roma.

O Consulado estaba constituído, teoricamente, por un triunvirato. O cargo de cónsules ostentárono Napoleón Bonaparte, Sieyès e Ducos temporalmente até o 12 de decembro de 1799. Posteriormente, Sieyés e Ducos foron substituídos por Jean Jacques Régis de Cambacérès e Charles-François Lebrun, que seguiron no cargo até 1804, cando Napoleón foi coroado Emperador dos franceses.

Historia

Thumb
Os tres cónsules:
Cambacérès, Bonaparte e Lebrun.

Napoleón, como primeiro cónsul, concentrou na súa persoa case todo o poder, deixando os outros dous cónsules cos que formaba o triunvirato, como unha mera comparsa.

Durante o Consulado leváronse a cabo importantes reformas políticas e sucederon importantes feitos militares e diplomáticos, grazas aos que Napoleón se transformou nun dos personaxes máis recoñecidos do mundo, pola súa maneira de armar a un exército e pola súa intelixencia.

Algúns destes feitos foron:

  • O Tratado de Lunéville (febreiro de 1801),[1] que poñía fin á guerra con Austria, e polo que Francia se apoderaba de case toda a península italiana. Isto permitiu a Bonaparte eliminar os opositores ao código civil das asembleas.
  • O Concordato de 1801, que separaba a Igrexa do Estado e polo que, entre outras cousas, Francia abolía o calendario republicano francés, que era substituído polo tradicional calendario gregoriano.
  • O Tratado de Amiens (25 de marzo de 1802), co Reino Unido, e no que España e a República Bátava, aliados de Francia, pagaron todas as custas, deu un pretexto ao primeiro cónsul para facerse cónsul vitalicio, como recompensa por parte da nación; este feito oficializaríase nun referendo no seguinte mes de agosto.
  • A Constitución do ano X, que consagraba a Napoleón como cónsul vitalicio.

Napoleón utilizaba as técnicas do Antigo Réxime no seu goberno, que cada vez se concentraba máis na súa persoa. A pesar da oposición dos republicanos (que vislumbraban o seu soño de ser emperador) ao seu autoritarismo, a maioría da poboación permaneceu, acrítica, apoiando a súa política, ao punto de que o Senado acordou dar a Bonaparte o título de emperador o 18 de maio de 1804, decisión aprobada por un referendo no mesmo día. O soberano foi coroado o 2 de decembro dese mesmo ano.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.