Consellería de Facenda e Administración Pública

consellería da Xunta de Galicia From Wikipedia, the free encyclopedia

A Consellería de Facenda e Administración Pública é o órgano da Xunta de Galicia encargado da preparación e xestión dos orzamentos de Galicia e da recadación de impostos. O seu titular actual é Miguel Corgos López-Prado.

Datos rápidos Tipo, País ...
Consellería de Facenda e Administración Pública
Tipoconsellería da Xunta de Galicia
PaísEspaña
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Historia

A consellería de Facenda recibiu ese nome dende abril de 2009, co goberno de Alberto Núñez Feijóo. Ese nome tamén o levara entre marzo e setembro de 1983. Anteriormente fora denominada consellería de Economía e Finanzas ou tamén como Economía e Facenda, e integraba tamén as competencias en promoción económica. Durante un determinado período entre 1983 e 1984 ocuparase tamén das competencias sobre comercio.

Conselleiros

Estrutura interna

Secretarías e direccións xerais

Ademais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, que neste caso particular se denomina secretaría xeral e do patrimonio (ocupada a partir de xaneiro de 2012 por Socorro Martín Hierro, a consellería de Facenda conta coas seguintes direccións xerais:

  • Intervención xeral: Almudena Chacón (con rango de dirección xeral)
  • Dirección xeral de Orzamentos: Miguel Corgos López-Prado
  • Dirección xeral de Tributos: Carlos Enrique Rodríguez Sánchez
  • Dirección xeral de Planificación e fondos: Francisco Javier Rodríguez Seijo
  • Dirección xeral de Función pública: José María Barreiro Díaz
  • Dirección xeral de Política financeira e Tesouro: Eugenio García Lalinde

Outros organismos dependentes

  • Instituto Galego de Estatística.
  • Tribunal Galego de Defensa da Competencia
  • Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable
  • Consello Económico e Social

Véxase tamén

Ligazóns externas

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.