From Wikipedia, the free encyclopedia
A Confederación Nacional de Agrupaciones Políticas Independentes (CAPI) é unha confederación de partidos políticos españois de carácter independente con ámbito de actuación nacional. CAPI busca axuntar as forzas dos numerosos grupos políticos independentes de España de ámbito local e rexional para converterse nunha alternativa política real ao bipartidismo . Entre os seus principais obxectivos están a obtención de representación a nivel nacional e a modificación da actual Lei Electoral. O seu lema é: libres para pensar, independentes para actuar.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Confederación de Agrupacións Políticas Independentes | |
---|---|
Tipo | federación de partidos políticos |
Data de fundación | 28 de marzo de 2009 |
Sede | Leganés |
País | España |
Na rede | |
http://www.terceravia3v.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
As súas orixes están nos congresos de partidos políticos independentes celebrados entre 2004 e 2009 en Cuenca, Aranjuez, Almansa, Majadahonda e Mérida, sendo deste xeito un proxecto xestado durante varios anos. A súa constitución realizouse en Mérida o 28 de marzo de 2009, e o seu recoñecemento oficial culminou coa inscrición no Rexistro de Partidos Políticos en marzo de 2010. O seu congreso fundacional celebrouse en Leganés o 12 de xuño de 2010, e contou coa asistencia de representantes de grupos políticos de numerosos lugares de España.[1] O seu actual presidente é o líder e concelleiro de ULEG Carlos Delgado, tamén o é de CAPI.[2]
En abril de 2014 anunciouse que CAPI e Cidadáns-Partido da Cidadanía subscribiron un acordo de colaboración mutuo, que culminou na participación nunha candidatura conxunta nas eleccións europeas de 2014.[3] Así mesmo, a valenciana Renovació Política abandonou CAPI para presentarse xunto a outras formacións ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.[4]
A CAPI oponse á reforma electoral, que propón o Partido Popular para as eleccións municipais. Ademais expresou a súa intención de crear un grupo de traballo xunto con Ciutadans, UPyD e outros partidos independentes para crearen unha estratexia común de cara ás próximas eleccións autonómicas e municipais[5].
Partido | Ámbito | Concelleiros |
---|---|---|
Agrupación de Electores Independientes Zamoranos (ADEIZA) | provincia de Zamora, Castela e León | 87 |
Unión por Leganés (ULEG) | Leganés, Comunidade de Madrid | 4 |
Iniciativa Independiente por Villarejo | Villarejo de Salvanés, Comunidade de Madrid | 0 |
Independientes por Extremadura (IPEX) | Estremadura | 59 |
Compromiso con Aragón | Aragón | 52 |
Compromiso por Gran Canaria | provincia das Palmas Canarias | 4 |
La Voz Independiente de Aragón (L'VIA) | Aragón | 1 |
Partido Regionalista de Castilla y León (PRCAL) | Castela e León | 90 |
Unión del Pueblo Salmantino (UPS) | provincia de Salamanca, Castela e León | 69 |
Iniciativa Ciudadana por Paracuellos | Paracuellos de Jarama, Comunidade de Madrid | 5 |
Agrupación de Electores Independientes de Almansa | Almansa, Castela-A Mancha | 3 |
Unión do Pobo Ribadense | Ribadeo, Galicia | 1 |
Unión Popular de Boiro | Boiro, Galicia | 1 |
Total | 376 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.